Irmandade TV fai hoxe un ano de emisións televisivas en galego.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/53980fa494286-logo_inv.png)
Irmandade TV fai hoxe un ano de emisións televisivas en galego.
Pola Esquerda Plural, Cayo Lara afirma que "si se pode, pero non se quere" someter a referendo a sucesión do rei. Tamén puxo en dúbida a "estabilidade" argumentada por PP e PSOE: "Estabilidade para quen? O pobo español xa está en situación de inestabilidade". Os e as deputadas do grupo de esquerdas amosaron cartaces demandando unha consulta popular.
Duran i Lleida confirma a abstención de CiU na votación, facendo "un balance positivo en termos xerais do reinado de Juan Carlos I", pero sinalando que, se ben en 1978 e durante décadas, Catalunya se sentiu integrada no Estado español, xa non o fai na actualidade. Critica a exclusión de Catalunya e do nacionalismo catalán dos consensos constitucionais.
Alfredo Pérez Rubalcaba defende o si do PSOE á lei de abdicación e afirma que "a sucesión do rei xa a votamos en 1978". Rubalcaba, ao igual que anteriormente Mariano Rajoy na súa intervención, destacou a contribución da Monarquía na "estabilidade" vivida nas últimas décadas.
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, ve a dimisión dun imputado como "a mellor solución" para Santiago, pero non para A Coruña, onde Julio Flores, numero dous do Concello, tamén está imputado na mesma causa.
O Concello de Amoeiro instalou as dúas primeiras placas de Memoria Histórica en dúas fontes con símbolos franquistas, das trece que colocará en todo o territorio municipal.
O padroado da Fundación Luis Seoane anuncia que recorrerá a sentenza que obriga a readmitir a Silvia Longueira como directora. Apoian "de forma unánime" o actual desponsable do centro.
Andalucía, Asturias, Canarias, Euskadi e Catalunya rexeitarán a reforma da lei do aborto este mércores na xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde
O Congreso dos Deputados debaterá a partir das nove da mañá a lei de abdicación. PP, PSOE e UPyD votarán a favor; CiU, PNV e Coalición Canaria absteranse; Esquerda Plural e boa parte do Grupo Mixto votarán en contra.
A Asociación Eólica de Galicia (EGA) afirma que os tribunais "tumbarán" o decreto de Industria de renovables e acusa a Xunta de "non defender de forma activa os intereses do sector". Advirte do peche de moitos dos actuais parques e da inviabilidade das novas instalacións.