O Goberno adoptará medidas para que "ningunha familia de boa fe quede sen teito". Anunciouno o ministro de Economía, Luis de Guindos, que avanzou que haberá un acordo entre PP e PSOE.
Fálase
O PSOE pide "perdón" por non "reaccionar antes" para evitar os desafiuzamentos
A patronal das caixas de aforros tamén suspende os desafiuzamentos, segundo adianta a Cadena Ser. Súmase así á banca, que tamén o fará nos casos de extrema necesidade.
Os xornalistas de eldiario.es pregúntanlle os seus socios que deberían facer na folga do 14N: "Apoiamos maioritariamente a folga xeral pero barallamos dúas opcións: o peche total ou un peche parcial, cuns servizos mínimos destinados a informar exclusivamente sobre a folga xeral". Explican que "os xornalistas non somos diferentes a cualquera outro traballador" pero engaden que "a inmensa maioría dos medios van sair e, se nós calamos, será só a súa voz a que se escoite"
A banca comprométese a parar os desafiuzamentos durante dous anos en casos de extrema necesidade, segundo adianta El Economista.
O DOG publica este luns os servizos mínimos que rexerán na Xunta e no Sergas durante a folga xeral do vindeiro mércores.
Afectados polas hipotecas maniféstanse hoxe na sede do PP, no día no que populares e socialistas buscan un acordo para deter os desafiuzamentos.
Mercadona e Inditex, as empresas máis valoradas polos españois para traballar. A compañía galega é, por segundo ano consecutivo, a que recibe mellor nota, segundo unha enquisa.
Afástase a autoestrada do mar entre Vigo e Saint Nazaire. A prensa especializada dá por feito que CMHF, a navieira que aspira á concesión da liña, quedou fóra da loita polo tráfico de PSA entre os dous portos.
Cinco Dias salienta que a caida dos salarios provoca que o soldo máis frecuente sexa igual que a pensión media ou a prestación por desemprego