Co gallo do Día da Muller o Museo do Pobo Galego organiza este xoves 6 de marzo unha conferencia de Áurea Sánchez, que falará de "Xornalismo pola Igualdade de Xénero". Presentará como caso de estudo o das Marías de Compostela, as irmás Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, que analizou nun ensaio publicado hai dous anos
Fálase
O Supremo declara "nulo de pleno dereito" o decreto co que o bipartito suspendeu as normas urbanísticas subsidiarias de Barreiros para frear o enorome desenvolvemento urbanístico do municipio. Faino tras admitir o recurso de casación da inmobiliaria madrileña Pasillo Verde. Na sentenza, o TS refírese ao Goberno galego como "Junta de Galicia".
As cerraduras de varios bancos e caixas da Coruña aparecen selados con silicona esta mañá. Ningún grupo se atribuíu a acción. En Bilbao, varias sucursais bancarias e comercios sufriron danos nas manifestacións contra a troika.
Compostela acollerá do 11 ao 22 de marzo o Festival Internacional Atlántica de Narración Oral, que levará por distintos espazos da cidade contacontos de Arxentina, Brasil, Portugal, Irlanda, Camerún, Bretaña ou Galicia.
Este xoves presentarase na Facultade de Informática da Coruña SociedadeNet.org, plataforma de profesionais de Internet en Galicia. Participarán Andrés Leonardo Martínez Ortiz, director do programa para desenvolvedores externos de Google España e Adrián Álvarez (HymediaSolutions), experto en BitCoin
A Audiencia Nacional xulga esta mañá o galego Adrián Mosquera. A Fiscalía pide 18 anos de cárcere para el ao acusalo de pertencer a Resistencia Galega.
Bilbao acolle o Global Forum Spain entre protestas e cun gran despregamento policial. A directora do FMI acompaña os principais responsables da economía española e mundial nun cónclave que presume "de recuperación e crecemento económico".
A Audiencia Nacional interroga a Miguel Blesa pola venda de preferentes. O xuíza trata de determinar se o directivo de Caja Madrid intentou tapar o burato da entidade coa comercialización destes produtos a 300.000 aforradores.
O Goberno central instrúe as embaixadas para xustificar a lei de seguridade que cualifica como "defensora da democracia" no argumentario enviado aos diplomáticos.
Alerta vermella na costa galega por un temporal que provocará ondas de máis de dez metros. No noroeste coruñés e na Mariña haberá tamén alerta laranxa por vento en terra.