O Consell de l'Audiovisual de Catalunya reclámalle ao Ministerio de Industria o veto ás touradas en televisión en horario de protección infantil por conteren "elementos de violencia". Na web do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Fálase
Rajoy acusa a Artur Mas de conducir a Catalunya a un "dilema imposible" coas súas propostas soberanistas. En El Diario.
Nos Estados Unidos será ilegal desbloquear teléfonos, copiar DVD e liberar tablets ou videoconsolas. Cóntao Engadget
Esta fin de semana celébrase en lugo o Encontro de Cineclubes baixo o lema Descubrir, lembrar, escoitar... ver cinema para vivir! Podedes consultar aquí o programa
Artur Mas defende ante representantes do empresariado catalán o "respecto á vontade popular expresada nas urnas". En El Diario.
O rei di dende a India que "dende fóra, España vese mellor" porque "dende dentro, dan ganas de chorar". Cóntao El Mundo.
Este sábado o BNG e Anova reúnen os seus respectivos órganos de dirección -Consello Nacional e Coordinadora Nacional- para analizaren os resultados das eleccións do pasado domingo
As cifras do paro figuran este sábado nas portadas da práctica totalidade dos diarios impresos, aínda que priorizadas de diferente xeito segundo a cabeceira
Caja Rural de Granada, a entidade coa que tiña a hipoteca o home que se suicidou no día en que o ían desafiuzar, emite un comunicado lamentando o seu falecemento. En El Diario.
Bankia xa rexistra as peores perdas de toda a historia do sistema financeiro español. Cóntao a Cadena SER