O Goberno de España en funcións culpa as autonomías do incumprimento do obxectivo de déficit. Só Galicia, Euskadi e Canarias cumpriron o pactado.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56fd4d514f80f-iu-icv-peticiones-rajoy-montoro-congreso_ediima20150417_0623_5.jpg)
O Goberno de España en funcións culpa as autonomías do incumprimento do obxectivo de déficit. Só Galicia, Euskadi e Canarias cumpriron o pactado.
O Concello da Coruña, disposto a mercarlle á Autoridade Portuaria os terreos do peirao para destinalos a usos públicos, fronte ao proxecto do Porto de realizar un gran desenvolvemento residencial e comercial privado.
O pleno do Concello de Lugo aproba os orzamentos cos votos a prol de PSdeG e Lugonovo, as abstencións de BNG, ACE e C's e o voto en contra do PP. As contas ascenden a 91 millóns de euros e segundo a alcaldesa, Lara Méndez, priorizan "infraestruturas, benestar, turismo, emprego e políticas sociais".
A Policía turca matou 16 persoas refuxiadas na fronteira en catro meses, segundo o Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos. A UE vén de acordar deportacións masivas de refuxiados a territorio turco. Cóntao Desalambre.
O voceiro do BNG en Lugo traballará asistindo a persoas refuxiadas sirias en Grecia durante as súas vacacións. Rubén Arroxo colaborará cunha ONG local. Cóntao El Progreso
O déficit do Estado rematou 2015 no 5,16%, un punto máis do límite fixado pola UE.
O sector lácteo maniféstase ante a Xunta pola garantía da recollida e uns prezos dignos. A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo denuncia a "grande estafa" tras o acordo asinado en setembro e os compromisos adquiridos coas distribuidoras en decembro. Iimaxe de @En_Marea.
Os terreos onde se localizaba a Cidade dos Muchachos, en Benposta, a piques de ser adquiridos por unha empresa de transporte, que presentou a única oferta na poxa celebrada onte. Sería o peche definitivo a un proxecto iniciado nos anos sesenta e que nas últimas décadas viviu un rápido ocaso, entre débedas millonarias.
Rivera teima en Onda Cero en que cómpre pactar co PP porque, pola súa maioría no Senado, é imprescindible para aprobar os Orzamentos de cada ano. No entanto, para aprobar os Orzamentos abonda coa maioría do Congreso, xa que o veto do Senado non impide sacalos adiante.
O Goberno de España en funcións confirmará hoxe que incumpriu o obxectivo de déficit para 2015. O desvío de 8 décimas a respecto do pactado con Bruxelas implicará que o vindeiro Executivo teña que aplicar recortes adicionais.