#consellodaxunta Feijóo apela ao "respecto ao principio constitucional á presunción de inocencia" tras a imputación da infanta Cristina no caso Nóos. "Espero que todo se aclare canto antes e que haxa boas noticias", di, dende "o máximo respecto á infanta" e "á independencia xudicial".
Fálase
#consellodaxunta Rueda, que comparece con Feijóo, anuncia cambios na contratación pública, con baixadas nos umbrais económicos a partir dos que a Administración terá que solicitar un mínimo de tres ofertas ás empresas contratistas.
#consellodaxunta A Xunta crea o "informe social único", que integrará nun só expediente todas as prestacións sociais que reciba a cidadanía, con independencia da administración que as preste.
#consellodaxunta A recadación do canon eólico en 2013 foi de 23 millóns de euros, segundo sinala Feijóo
#consellodaxunta A Xunta impulsa unha lei sobre "racionalización" da administración autonómica que implica a "obriga" de publicar o patrimonio de todos os membros do Goberno.
O presidente rexional de Madrid, Ignacio González, chama a "fixar límites" nos medios de comunicación para evitar a publicación de contidos como as fotografías de Feijóo con Marcial Dorado. Recólleo Europa Press na súa web.
Elmundotoday búrlase da rolda de prensa telemática ofrecida onte por Rajoy: "Olvidados por sus redacciones, 35 periodistas continúan en la sede del PP mirando el logo del DVD en la pantalla"
Cayo Lara lamenta que se prefira poñer o foco sobre os escraches máis que no "sufrimento dos desafiuzados"
Ana Pastor critica a ampliación do aeroporto de Santiago e os trens baleiros que unen Galicia con Castela nunha entrevista na Cadena Ser. A ministra de Fomento defende tamén a "honorabilidade" de Núñez Feijóo tras a publicación das fotos con Marcial Dorado.
Entremos na Panificadora e TANK organizan un roteiro guiado ao redor da Panificadora de Vigo este sábado.