Fernando Lugo afirma nunha entrevista que publica Página12 que a súa estratexia pasa pola “resistencia pacífica e o non recoñecemento da presidencia que se instalou despois do golpe de Estado"
Fálase
Os traballadores toman as instalacións da Televisión Pública de Paraguai. Grupos de manifestantes apóianos na rúa, fronte ao anuncio do goberno de Federico Franco de intervir a cadea.
No seu primeiro discurso como presidente de Exipto, Mohamed Morsi, asegura que "a revolución continúa" até que se consigan os seus obxectivos e comprométese a "preservar os acordos internacionais subscritos polo país".
Remata a prórroga e iremos aos penaltis; toda unha tempada en cinco lanzamentos. Nos últimos minutos notouse o cansancio do equipos e o medo a encaixar un gol, sobre todo por parte do Cádiz. Por certo, #ForzaLugo é trending topic en España
Finalizan os 90 minutos co 3-1 no marcador. Haberá prórroga no Carranza. #ForzaLugo #LugoASegunda
O Cádiz marca o 3-1 e iguala a eliminatoria. Con este resultado, o partido iría á prórroga #ForzaLugo #LugoASegunda
Na primeira xogada do segundo tempo, o Cádiz marca o 2-1 por medio de Dioni. Vai haber que sufrir. #ForzaLugo #LugoASegunda
O Cádiz erra un penalti no minuto 46!!! Escalona, o porteiro de Lugo detivo o lanzamento de Óscar Pérez. Chega o descanso no Carranza con empate a un. Dominan os locais, pero resiste o Lugo, que está a 45 minutos do ascenso #ForzaLugo #LugoASegunda (imaxe via @leongaliza)
Empata o Lugo!!! Golazo do arxentino Claudio Monti despois dunha gran xogada de Isma. Cádiz 1 - Lugo 1 no minuto 29. #ForzaLugo
Gol do Cádiz no minuto 13, obra do ourensán Ferreiro despois duns primeiros minutos de claro dominio amarelo. Con este 1-0 o Lugo seguiría sendo equipo de Segunda #forzalugo