Este sábado haberá chuvias pola tarde na costa occidental e pola noite en toda Galicia, para deixar paso ao domingo -xornada electoral- seco, fresco e con alternancia de nubes e claros.
Fálase
ElDiario analiza a tensión crecente entre Pedro Sánchez e os baróns territoriais do PSOE e sinala que esta crecerá a partir do luns, unha vez que pasen as eleccións galegas e vascas.
Un dos peritos que participou este venres na inspección do tren accidentado no Porriño asegura que o freo do convoi funcionaba ben, e que non se detectou "nada irregular" na vía
Os e as candidatas das principais forzas políticas pasarán a xornada de reflexión coas súas familias e amizades. Alberto Núñez Feijoo dará un paseo por Santiago con Gerardo Fernández Albor. Xoaquín Fernández Leiceaga fará a compra na praza de Abastos compostelá, o mesmo que Ana Pontón. Luís Villares fará unha etapa do Camiño en Sarria e asistirá en Ourense a unha obra de teatro dirixida por Ánxeles Cuña. Finalmente, Cristina Losada tomará un café no Derby compostelán, onde nun comezo a súa axenda ía coincidir coa do líder do PP.
O voto por correo para o 25S aumenta case un 40% a respecto das eleccións galegas de 2012. Xa foron remitidos uns 42.300 sufraxios, segundo informa a empresa postal e recolle Europa Press na súa web.
O PP simula carteis electorais de PSdeG e Ciudadanos coa imaxe de Feijóo para pedir o voto "de todos"
Feijóo proclama que o PSdeG é de "extrema esquerda" e pide ao electorado socialista que o domingo vote polo PP. Afírmao nunha entrevista co Faro de Vigo
BotsPoliticosNo publica a súa segunda entrega sobre a actividade de trolls e perfís falsos do PP en Galicia, desta vez centrada na actividade dos novos influencers da formación (centros das redes) e analizando algún dos ataques realizados contra adversarios políticos concretos, coma Miguel Anxo Fernán Vello. Hai unhas semanas falamos cos responsables de BotsPoliticoNo, que nos explicaron os seus métodos e o obxectivo das súas investigacións.
Continúan os disturbios raciais en Charlotte, onde a policía se nega a amosar o vídeo no que se ve a morte do home afroamericano morto por disparos da policía. Faleceu tamén a persoa ferida de bala durante as protestas.
As cabeceiras de papel de Madrid, de El País a La Razón pasando por El Mundo e ABC, atacan a Pedro Sánchez por anunciar que intentará formar un goberno alternativo ao PP.