O voto por correo para o 25S aumenta case un 40% a respecto das eleccións galegas de 2012. Xa foron remitidos uns 42.300 sufraxios, segundo informa a empresa postal e recolle Europa Press na súa web.
Fálase
O PP simula carteis electorais de PSdeG e Ciudadanos coa imaxe de Feijóo para pedir o voto "de todos"
Feijóo proclama que o PSdeG é de "extrema esquerda" e pide ao electorado socialista que o domingo vote polo PP. Afírmao nunha entrevista co Faro de Vigo
BotsPoliticosNo publica a súa segunda entrega sobre a actividade de trolls e perfís falsos do PP en Galicia, desta vez centrada na actividade dos novos influencers da formación (centros das redes) e analizando algún dos ataques realizados contra adversarios políticos concretos, coma Miguel Anxo Fernán Vello. Hai unhas semanas falamos cos responsables de BotsPoliticoNo, que nos explicaron os seus métodos e o obxectivo das súas investigacións.
Continúan os disturbios raciais en Charlotte, onde a policía se nega a amosar o vídeo no que se ve a morte do home afroamericano morto por disparos da policía. Faleceu tamén a persoa ferida de bala durante as protestas.
As cabeceiras de papel de Madrid, de El País a La Razón pasando por El Mundo e ABC, atacan a Pedro Sánchez por anunciar que intentará formar un goberno alternativo ao PP.
Os principais candidatos decántanse por Galicia Caníbal d'Os Resentidos agás Feijóo, que prefire Al compás de una muiñeira, de Pimpinela. Así responderon a un cuestionario formulado pola axencia Europa Press, que vén de ser publicado na súa web.
Pedro Sánchez intentará formar goberno alternativo a Rajoy e así o comunicará no Comité Federal.
O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux da Facultade de Informática da Universidade da Coruña celebrará o 22 e 23 de outubro un Hackatiño de Datos Abertos no espazo Normal da UDC. O evento vaise centrar en pequenos colectivos, asociacións e pemes co obxectivo de animalos a liberar os seus datos e amosarlles as posibilidades do open data
Betanzos cifra en 1,3 millóns de euros o custe de recuperar o parque do Pasatempo. O concello entregoulle o proxecto de rehabilitación á Deputación, na procura de financiamento.