Pedro Sánchez intentará formar goberno alternativo a Rajoy e así o comunicará no Comité Federal.
Fálase
O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux da Facultade de Informática da Universidade da Coruña celebrará o 22 e 23 de outubro un Hackatiño de Datos Abertos no espazo Normal da UDC. O evento vaise centrar en pequenos colectivos, asociacións e pemes co obxectivo de animalos a liberar os seus datos e amosarlles as posibilidades do open data
Betanzos cifra en 1,3 millóns de euros o custe de recuperar o parque do Pasatempo. O concello entregoulle o proxecto de rehabilitación á Deputación, na procura de financiamento.
Pedro Sánchez convoca a Permanente do PSOE, onde conta con maioría, en lugar dunha Executiva ao completo antes do Comité Federal, que se celebrará o 1 de outubro.
A UE só acolleu o 3% dos refuxiados prometidos hai un ano. A CEAR denuncia a lentitude dos gobernos no reparto e a rapidez en blindarse fronte aos solicitantes de asilo
ElDiario analiza como gaña importancia no seo de Unidos Podemos o debate sobre a opción de investir presidente a Pedro Sánchez
Candidatas de Ciudadanos pediron este martes un Baltarexit ante a Deputación de Ourense fronte ao Brexit galego co que ameaza Feijóo se non goberna o PP.
"Espero que en 2018 teñamos AVE a Galicia", di Rajoy en Cospeito. A data xa é imposible, pero PP e Ciudadanos insisten nela nos seus programas.
Ampliado ata mañá, 22 de setembro, o prazo para entregar o voto por correo. A Xunta Electoral vén de ratificalo a instancias dunha petición de PNV e EH-Bildu que se estende tamén ás eleccións galegas.
Un test de ElConfidencial pregunta se "entenderías a un galego falando", explicando que "cada región tiene su particular forma de hablar, y Galicia no iba a ser menos"