"Espero que en 2018 teñamos AVE a Galicia", di Rajoy en Cospeito. A data xa é imposible, pero PP e Ciudadanos insisten nela nos seus programas.

"Espero que en 2018 teñamos AVE a Galicia", di Rajoy en Cospeito. A data xa é imposible, pero PP e Ciudadanos insisten nela nos seus programas.
Ampliado ata mañá, 22 de setembro, o prazo para entregar o voto por correo. A Xunta Electoral vén de ratificalo a instancias dunha petición de PNV e EH-Bildu que se estende tamén ás eleccións galegas.
Un test de ElConfidencial pregunta se "entenderías a un galego falando", explicando que "cada región tiene su particular forma de hablar, y Galicia no iba a ser menos"
Unha muller das Nogais gastou máis de 8.500 euros en taxi para ir durante 45 días dende As Nogais a Ferrol a un tratamento para o cancro de mama. A familia presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo. Antes deste tratamento a paciente tivo que desprazarse en varias ocasións ao hospital da Coruña, debido á ausencia do servizo de radioterapia no HULA.
Chantada acollerá este venres e sábado o Encontro Pingueira, unha xuntanza para profesionais da comunicación, da educación e da tecnociencia para analizar e debater novas liñas de innovación educativa
O Lugo derrota o Valladolid (1-0) no Anxo Carro e sitúase como líder provisional da Segunda División, á espera de que se complete a xornada.
A ONU analiza o conflito de Siria nun contexto de tensión entre EE.UU. e Rusia, motivado polos ataques estadounidenses ao exército sirio e polo recente bombardeo a un convoi humanitario.
ElDiario analiza o intercambio de mensaxes entre Pablo Iglesias e Íñigo Errejón sobre a estratexia de Podemos iniciado co discurso de Iglesias na Coruña
As mulleres só presiden unha de cada catro comisións do Congreso e o Senado, nas que os voceiros de cada grupo tamén son maioritariamente homes.
O foro independentista Galiza em pé emite un manifesto para anunciar a "decisión colectiva" de apoiar o BNG nas eleccións do 25S. Pódese consultar nesta ligazón