O foro independentista Galiza em pé emite un manifesto para anunciar a "decisión colectiva" de apoiar o BNG nas eleccións do 25S. Pódese consultar nesta ligazón

O foro independentista Galiza em pé emite un manifesto para anunciar a "decisión colectiva" de apoiar o BNG nas eleccións do 25S. Pódese consultar nesta ligazón
O conselleiro de Economía asiste a un acto propagandístico da base de drons de Rozas organizado por Indra. A Xunta non o incluíu na súa axenda pública nin emitiu nota de prensa, xa que está prohibido en campaña, pero diversos medios públicos e privados fixéronse eco.
Lucas Gortazar e Jesús Rogero analizan nesta entrada de Politikon a situación de segregación social do alumnado que sofre a educación na Comunidade de Madrid e apostan por unha maior dotación de recursos para o estudantado que provén de espazos máis empobrecidos
Brigadistas da empresa pública Seaga, que este luns se manifestaron en Compostela para demandar estabilidade laboral e unha nova política de prevención e extinción de lumes, permanecerán acampados fronte á sede da Xunta en San Caetano ata o venres
Un incendio arrasa o centro de acollida de refuxiados de Moria, en Lesbos, obrigando a evacuar decenas de persoas
O Tribunal Constitucional rexeitará nos vindeiros días varios aspectos da reforma da institución, impulsada polo PP para actuar contra a Generalitat e o parlamento catalán, revisando á baixa as capacidades sancionadoras que lle foron atribuídas
A Facultade de Xornalismo da USC acolle esta tarde ás 17 horas un debate sobre as propostas electorais en materia cultural e audiovisual, organizado pola Academia Galega do Audiovisual, no que participarán representantes de PP, PSdeG-PSOE, EnMarea, BNG e Ciudadanos. Mañá mércores ás 13 horas a Facultade de Filoloxía da UDC acolle un debate sobre Política Lingüística e Cultura, con representantes de PP, PSdeG-PSOE, EnMarea e BNG
Os traballadores interinos teñen dereito a percibir unha indemnización cando cesan no seu posto, segundo vén de declarar o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. A sentenza tamén sinala que non hai razón para que en caso de despedimento obxectivo, as indemnizacións dos traballadores indefinidos e os que teñen un contrato "de duración determinada" sexan diferentes
María Xosé Queizán e Sarabela Teatro, entre os Premios da Cultura Galega 2016. Letra en obras recolle a relación de persoas e entidades galardoadas
O PP critica nun vídeo as siglas que esconde En Marea e esta responde co que esconde Feijóo.