Un dos peritos que participou este venres na inspección do tren accidentado no Porriño asegura que o freo do convoi funcionaba ben, e que non se detectou "nada irregular" na vía
Fálase
Os e as candidatas das principais forzas políticas pasarán a xornada de reflexión coas súas familias e amizades. Alberto Núñez Feijoo dará un paseo por Santiago con Gerardo Fernández Albor. Xoaquín Fernández Leiceaga fará a compra na praza de Abastos compostelá, o mesmo que Ana Pontón. Luís Villares fará unha etapa do Camiño en Sarria e asistirá en Ourense a unha obra de teatro dirixida por Ánxeles Cuña. Finalmente, Cristina Losada tomará un café no Derby compostelán, onde nun comezo a súa axenda ía coincidir coa do líder do PP.
O voto por correo para o 25S aumenta case un 40% a respecto das eleccións galegas de 2012. Xa foron remitidos uns 42.300 sufraxios, segundo informa a empresa postal e recolle Europa Press na súa web.
O PP simula carteis electorais de PSdeG e Ciudadanos coa imaxe de Feijóo para pedir o voto "de todos"
Feijóo proclama que o PSdeG é de "extrema esquerda" e pide ao electorado socialista que o domingo vote polo PP. Afírmao nunha entrevista co Faro de Vigo
BotsPoliticosNo publica a súa segunda entrega sobre a actividade de trolls e perfís falsos do PP en Galicia, desta vez centrada na actividade dos novos influencers da formación (centros das redes) e analizando algún dos ataques realizados contra adversarios políticos concretos, coma Miguel Anxo Fernán Vello. Hai unhas semanas falamos cos responsables de BotsPoliticoNo, que nos explicaron os seus métodos e o obxectivo das súas investigacións.
Continúan os disturbios raciais en Charlotte, onde a policía se nega a amosar o vídeo no que se ve a morte do home afroamericano morto por disparos da policía. Faleceu tamén a persoa ferida de bala durante as protestas.
As cabeceiras de papel de Madrid, de El País a La Razón pasando por El Mundo e ABC, atacan a Pedro Sánchez por anunciar que intentará formar un goberno alternativo ao PP.
Os principais candidatos decántanse por Galicia Caníbal d'Os Resentidos agás Feijóo, que prefire Al compás de una muiñeira, de Pimpinela. Así responderon a un cuestionario formulado pola axencia Europa Press, que vén de ser publicado na súa web.
Pedro Sánchez intentará formar goberno alternativo a Rajoy e así o comunicará no Comité Federal.