Varias ONG lamentan a disparidade de criterios do Goberno de España entre Venezuela e o resto de países para conceder asilo e nacionalidade. Unha reportaxe de Desalambre
Fálase
Ciudadanos reduce a súa crise en Galicia ás queixas de "30 militantes" e afirma que o seu ex candidato na Coruña "non leu" ou non entendeu o programa da formación para o 20-D. Cóntao Faro de Vigo.
O Racing de Ferrol inicia este serán en Cádiz as eliminatorias polo ascenso a Segunda división. A TVG ofrece ao vivo o partido dende as 21:00 pola G2.
Éric Toussaint e Iolanda Fresnillo foron hoxe dous dos protagonistas das xornadas sobre débeda pública que está a desenvolver AGEe en Compostela. A xuízo da formación, cómpre "pedagoxía" sobre unha débeda que "non é lexítima, soberana nin ética". Entrevista con Fresnillo, en Praza.
Compromiso por Galicia aproba os seus cabezas de lista para as eleccións galegas, nas que Xoán Bascuas volverá ser o seu candidato á Presidencia. Xunto ao secretario xeral encabezarán as candidaturas Carlos Piñeiro (Lugo), Xosé Mosquera (Ourense) e Andrés Núñez (Pontevedra).
O Festival de Cans vive hoxe o seu día grande. Velaquí toda a programación da xornada
VÍDEO Caxade comeza esta fin de semana en Santiago (sábado, sala Sónar) e Ponteceso (domingo, Festiletras) a presentación do seu novo disco, E isto é o amor, coa canción do mesmo título como primeiro single.
Paco González Sarria vén de tomar posesión como novo decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O xornalista de Onda Cero substitúe no cargo a Xosé Manuel Pereiro, que encabezaba o CPXG dende 2008.
O goberno provisional do Brasil suaviza a definición de escravitude e inicia recortes sociais. Unha información de The Guardian en eldiario.es
A delegación do Goberno central en Madrid multa unha xornalista de Catalunya Ràdio por "desobediencia" cando cubría o caso Pujol na Audiencia Nacional. Faino en aplicación da 'lei mordaza'. Cóntao Vilaweb