O Racing de Ferrol inicia este serán en Cádiz as eliminatorias polo ascenso a Segunda división. A TVG ofrece ao vivo o partido dende as 21:00 pola G2.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/57408a2664246-cartel_chegou_a_hra.png)
O Racing de Ferrol inicia este serán en Cádiz as eliminatorias polo ascenso a Segunda división. A TVG ofrece ao vivo o partido dende as 21:00 pola G2.
Éric Toussaint e Iolanda Fresnillo foron hoxe dous dos protagonistas das xornadas sobre débeda pública que está a desenvolver AGEe en Compostela. A xuízo da formación, cómpre "pedagoxía" sobre unha débeda que "non é lexítima, soberana nin ética". Entrevista con Fresnillo, en Praza.
Compromiso por Galicia aproba os seus cabezas de lista para as eleccións galegas, nas que Xoán Bascuas volverá ser o seu candidato á Presidencia. Xunto ao secretario xeral encabezarán as candidaturas Carlos Piñeiro (Lugo), Xosé Mosquera (Ourense) e Andrés Núñez (Pontevedra).
O Festival de Cans vive hoxe o seu día grande. Velaquí toda a programación da xornada
VÍDEO Caxade comeza esta fin de semana en Santiago (sábado, sala Sónar) e Ponteceso (domingo, Festiletras) a presentación do seu novo disco, E isto é o amor, coa canción do mesmo título como primeiro single.
Paco González Sarria vén de tomar posesión como novo decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O xornalista de Onda Cero substitúe no cargo a Xosé Manuel Pereiro, que encabezaba o CPXG dende 2008.
O goberno provisional do Brasil suaviza a definición de escravitude e inicia recortes sociais. Unha información de The Guardian en eldiario.es
A delegación do Goberno central en Madrid multa unha xornalista de Catalunya Ràdio por "desobediencia" cando cubría o caso Pujol na Audiencia Nacional. Faino en aplicación da 'lei mordaza'. Cóntao Vilaweb
Diversas institucións celebran este sábado o Día dos Museos. Na imaxe, o cartel das actividades na Coruña.
O 75,57% da militancia de Anova aproba a participación en En Marea nas eleccións do 26 de xuño, independentemente da fórmula xurídica escollida. De feito, na consulta celebrada entre onte e hoxe (cunha participación récord do 68%) o 79,9% apostou polo partido instrumental, fronte a un 14,5% que optou pola coalición.