O BNG anuncia a posta en marcha dunha campaña a prol dun concerto económico para Galicia. Avanzouna Ana Pontón na súa exposición das "prioridades" do Bloque para o novo ano.
Fálase
O pleno municipal da Coruña comeza gardando sete minutos de silencio, un por cada muller asasinada pola violencia machista no Estado dende a anterior xuntanza. Pódese seguir en directo nesta ligazón
Na web da USC pódense xa descargar unha serie de mapas históricos de Galicia, dende a carta xeométrica de Domingo Fontán ata o proxecto da Alameda de Santiago, pasando por un plano das rías de Ferrol, Coruña e Betanzos de 1787 ou un mapa de estradas e camiños da provincia da Coruña de 1897
A selección galega de balonmán vence o Xapón (28-26) nun partido amigable celebrado no Rosal. A Irmandiña gañou á selección mundialista con nove goles de Suso Soliño.
O Goberno central prevé que sete relixións poidan recibir un 0,7% da recadación do IRPF e reforzar así os lazos Estado-relixión. Musulmáns, xudeus, evanxélicos, budistas, mormóns, ortodoxos e testemuñas de Xehová serán os beneficiados.
Portugal segue a despedir a Mário Soares. Millares de persoas pasaron neste domingo pola sede socialista en Lisboa nun país que afronta tres días de loito.
O mundo da cultura, familiares e amigos homenaxean a Díaz Pardo no quinto aniversario do seu pasamento.
Martiño Noriega cre que Luís Villares "gañouse unha oportunidade para ser o actor principal de En Marea". O alcalde de Compostela censura o debate de Podemos porque "ás veces" di ver "pouca política e moita escenificación".
O BNG, disposto a "ser a organización unitaria do nacionalismo" nunha nova etapa que xirará arredor de Ana Pontón. A formación non abordará un cambio de siglas, segundo o documento coas conclusións do Proceso Adiante.
Catro soldados israelíes mortos nun atropelo cun camión en Xerusalén. O autor foi abatido a tiros nunha acción que Israel cualifica de "ataque terrorista".