Iberdrola reduce ao mínimo os seus investimentos en España ante a política enerxética do Goberno do PP. Tan só un 15% do seu investimento irá destinado ao mercado estatal tras a retirada das primas ás renovábeis.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5304c390365fa-6a00d834cd47fe69e20120a52f291c970b-pi.jpeg)
Iberdrola reduce ao mínimo os seus investimentos en España ante a política enerxética do Goberno do PP. Tan só un 15% do seu investimento irá destinado ao mercado estatal tras a retirada das primas ás renovábeis.
A xuíza deixa en liberdade con cargos os cinco detidos na operación Patos. Están imputados por presuntos delitos de prevaricación, suborno, tráfico de influencias e falsidade documental, segundo informa o TSXG.
Grupos de mulleres rexistran os seus corpos nos Rexistros de Propiedade da Coruña e de Compostela. Máis información, esta tarde en Praza. Imaxe de @rizlinha.
Cristóbal Montoro promete que o Goberno impulsará a construción en Navantia, nas súas instalacións de Ferrol e Cádiz, dun buque militar para a súa venda ao exterior. Segundo a CIG, Navantia ten "dúbidas" sobre o levantamento do veto á construción civil na ría
Izquierda Plural pide a dimisión do ministro do Interior tras a traxedia de Ceuta na que morreron 15 inmigrantes. Os seus deputados amosan carteis no Congreso
A edil do PP de Pontevedra María Biempica súmase a unha moción de BNG e PSdeG a prol do dereito ao aborto que rexeita a contrarreforma impulsada polo Goberno central. Recólleo El País.
O ditame da ILP Paz Andrade sae adiante na Comisión de Educación do Parlamento co apoio de todos os grupos parlamentarios.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol presentou unha denuncia ante a Comisión Europea polo intento "de subvencionar a planta de gas de Reganosa como futura estación de aprovisionamento de GNL a buques (bunkering)"
Portugal xa ten o seu Ecce Homo de Borja. Conservadores e restauradores critican os traballos realizados sobre unha ducia de esculturas do século XIX em Oliveira do Hospital
Un profesor e un alumno da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo fixéronse co premio da primeira competición MachineStruxure de creación de impresoras 3D. Gañaron cun proxecto capaz de crear pezas de gran tamaño dun xeito máis preciso, exacto e eficiente enerxética e economicamente