El Blog Salmón analiza o escándalo de Bankia e defende que "España non debe reflotar Bankia, debe eliminala"
Fálase
Esquerda Unida denuncia a negativa do responsable da SEPI a comparecer no Congreso para informar sobre a situación do sector naval público na Ría de Ferrol.
4.000 traballadores de Navantia e das empresas auxiliares manifestáronse onte en Ferrol, nunha marcha na que tamén foron increpados os membros do comité de empresa.
De Lucas defende "o dereito do Celta a conformarse cun empate" no partido do domingo fronte ao Córdoba. Os celestes necesitan un punto para ascender, que tamén lle aseguraría aos andaluces un posto nos play-off
Nova Escola Galega presenta un especial na súa web cos textos dos discursos, artigos de opinión e novas relacionadas coa concesión do Pedrón de Ouro.
Microsiervos analizan a lenda urbana que chama a facerse con billetes de euro cuxo número de serie comece por X
Os irlandeses votan en referendo este xoves o Tratado de Austeridade europeo. A pesar do rexeitamento xeral ás políticas de austeridade, as sondaxes prevén unha vitoria do si, polo temor a perder o financiamento da UE.
Estanislao Rodríguez-Ponga, ex vicepresidente de Caja Madrid, podería ser nomeado presidente de RTVE, segundo Ignacio Escolar
Este serán houbo concentracións en toda Galicia en solidariedade coa represión aos estudantes de Ourense. Imaxe da concentración de Vigo via @altermundo
O alcalde de Amoeiro dálle á Igrexa "ata o 20 de xullo" para que lle pague o Imposto de Bens Inmobles ao Concello. En El Diario.