Os irlandeses votan en referendo este xoves o Tratado de Austeridade europeo. A pesar do rexeitamento xeral ás políticas de austeridade, as sondaxes prevén unha vitoria do si, polo temor a perder o financiamento da UE.
Fálase
Estanislao Rodríguez-Ponga, ex vicepresidente de Caja Madrid, podería ser nomeado presidente de RTVE, segundo Ignacio Escolar
Este serán houbo concentracións en toda Galicia en solidariedade coa represión aos estudantes de Ourense. Imaxe da concentración de Vigo via @altermundo
O alcalde de Amoeiro dálle á Igrexa "ata o 20 de xullo" para que lle pague o Imposto de Bens Inmobles ao Concello. En El Diario.
O Ibex derrúbase por baixo dos 6.100 puntos por primeira vez desde abrir de 2003 ao caer un 2,6%. A prima de risco sitúase en 539 puntos.
Un estudo de Avante Medios, sobre datos do EGM, analiza os hábitos de consumo de prensa impresa, radio e televisión dos galegos en función dos seus ingresos. As clases altas len El Mundo e El País, escoitan RNE e Onda Cero e miran La2 e LaSexta. As baixas decántanse por COPE, TVG, El Progreso e La Región.
A "morneza" que Rubalcaba está a amosar no escándalo de Bankia xera malestar en sectores do PSOE, segundo eldiario.es. Carme Chacón esixiulle a Rubalcaba que solicite publicamente a creación dunha comisión de investigación sobre o caso.
Suíza emite débeda a tres meses con interese negativo, dado o o atractivo que xera nos investidores na seguridade do franco suízo. É dicir, os investidores páganlle intereses a Suíza por emprestarlle cartos.
Bruxelas propón que o fondo de rescate recapitalice de forma directa á banca. O anuncio da Comisión Europea baixa de inmediato o nivel da prima de risco.
Case 1.400 familias foron desafiuzadas no que vai de ano en Galicia, segundo datos de CCOO, UGT e Rede Galega contra a Pobreza. Máis información esta tarde en Praza.