Expertos da ONU piden á UE unha taxa ás transaccións financeiras para financiar o custo da crise. "A socialización das débedas privadas ameaza con provocar unha regresión importante nos dereitos humanos", advirten.
Fálase
De Guindos pide axuda á UE para saír da crise porque España "xa fixo todo o que estaba na súa man" para estabilizar a economía. Así, o ministerio de Economía pide á eurozona "cooperación" para deixar atrás a recesión.
A Consellaría de Cultura reformulará as bases coas que se convocan as axudas ao audiovisual de cara ao vindeiro ano.
Fútbol. Os emparellamentos para os equipos galegos no play-off de ascenso a Segunda B quedan así: Laudio-Ourense, Pontevedra-Espanyol B, Cayón-Alondras e Cuarte Industrial-Cerceda.
Fútbol. O Lugo enfrontarase ao Eibar na primeira eliminatoria do play-off de ascenso a Segunda División. A ida xogarase no Anxo Carro.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público comeza no IES Rosalía de Castro, en Compostela, os peches rotativos contra os recortes educativos (foto: @CIGEnsino)
Os sindicatos de Novagalicia Banco poñen en dúbida que a entidade poida cumprir coas provisións que lle esixe o Goberno cos seus beneficios e recursos propios. Así, reclaman á dirección que aclare os termos do plan que presentará ao Banco de España.
A prima de risco española roza os 500 puntos, o nivel máis alto dende a entrada no Euro e semellante ao que chegara Grecia cando foi intervida. As bolsas caen un 3% empurradas pola banca. Bankia perde un 10%
Elena Cabrera salienta nun artigo en Zona Crítica o traballo realizado polo Grupo de Feminismos do 15M en Madrid
Os bancos españois poderían tardar ata vinte anos en desfacerse do seu lastre inmobiliario malia á nova reforma financeira. En La Información.