A prima de risco española roza os 500 puntos, o nivel máis alto dende a entrada no Euro e semellante ao que chegara Grecia cando foi intervida. As bolsas caen un 3% empurradas pola banca. Bankia perde un 10%
Fálase
Elena Cabrera salienta nun artigo en Zona Crítica o traballo realizado polo Grupo de Feminismos do 15M en Madrid
Os bancos españois poderían tardar ata vinte anos en desfacerse do seu lastre inmobiliario malia á nova reforma financeira. En La Información.
O Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Celso Emilio Ferreiro de Vigo elaborou un vídeo sobre o poeta con motivo do seu centenario
Un empregado dunha sucursal murciana da CAM foxe a Sudamérica con 450 mil euros
O IES Xelmírez de Santiago de Compostela acollerá a entrega de premios do I Certame literario Xosé Neira Vilas, organizado pola Liga Estudantil Galega, o próximo martes 15. Estará presente o propio Neira Vilas, ademais dos autores María do Cebreiro e Mario Regueira, así coma representantes das universidades de Vigo e A Coruña, entidades colaboradoras.
Esquerda Unida valora positivamente o proxecto Coruña Futura pero considera un despropósito gastar 900.000 € nun estudo
Ana Pastor non aclara se pechará algún aeroporto galego, pero si advirte que deben ser "viables". A ministra de Fomento non deu máis detalles sobre o plan que ten previsto Aena para as terminais españolas e no que corren risco Alvedro e Peinador.
Os profesionais sanitarios rexeitan as medidas de axuste e anuncian mobilizacións a través dos sindicatos.
O movemento 15M explica neste artigo os motivos da súa acción contra Bankia. O peche de contas en oficinas da entidade esténdese xa máis aló de Madrid.