O IES Xelmírez de Santiago de Compostela acollerá a entrega de premios do I Certame literario Xosé Neira Vilas, organizado pola Liga Estudantil Galega, o próximo martes 15. Estará presente o propio Neira Vilas, ademais dos autores María do Cebreiro e Mario Regueira, así coma representantes das universidades de Vigo e A Coruña, entidades colaboradoras.
Fálase
Esquerda Unida valora positivamente o proxecto Coruña Futura pero considera un despropósito gastar 900.000 € nun estudo
Ana Pastor non aclara se pechará algún aeroporto galego, pero si advirte que deben ser "viables". A ministra de Fomento non deu máis detalles sobre o plan que ten previsto Aena para as terminais españolas e no que corren risco Alvedro e Peinador.
Os profesionais sanitarios rexeitan as medidas de axuste e anuncian mobilizacións a través dos sindicatos.
O movemento 15M explica neste artigo os motivos da súa acción contra Bankia. O peche de contas en oficinas da entidade esténdese xa máis aló de Madrid.
O director do diario La Razón, Francisco Marhuenda, confésase "encantado" coa polémica creada polas súas portadas sobre dirixentes estudantís, sobre os que alega que "non son tan novos". En Ara.
UGT-Galicia anuncia que non secundará a folga no ensino do vindeiro 22 de maio. Nun comunicado, o sindicato alude ao "desgaste sufrido polo profesorado" ante os recortes da Xunta e ao intento de "evitar un prexuízo á comunidade escolar" como causas da súa decisión.
Os bancos destinarán uns 21.500 millóns ás provisións esixidas polo Goberno para o saneamento do ladrillo. Deste global, 13.600 millóns deberanos provisionar as cinco entidades máis grandes.
A débeda da banca española co BCE aumenta un 15,7% en abril e dispárase até un récord de 263.535 millóns, unha marca histórica.
Un cento de clientes pide o peche das súas contas en Bankia nun acto de protesta do 15M e da Plataforma de Afectados pola Hipoteca na sede central da entidade de Madrid. As manifestacións estanse espallando a outras oficinas do banco, como esta de Alcalá. Imaxe de @madrilonia.