Rajoy asegura que o AVE chegará a Galicia "á maior celeridade posible" e destaca que "a orografía" galega "complica as cousas"
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/598b4e38174a5-fotonoticia_20170809160412_640.jpg)
Rajoy asegura que o AVE chegará a Galicia "á maior celeridade posible" e destaca que "a orografía" galega "complica as cousas"
Sada convoca pleno extraordinario este sábado para reclamar a xestión do Pazo de Meirás. O Concello prevé un "acordo unánime" para devolver o inmoble ao público e vetar a Fundación Franco para a organización das visitas. Toda a información, esta tarde en Praza.gal.
Pontevedra Viva leva á súa portada a situación dunha muller viguesa que vén de ser condenada a prisión por agredir hai dez anos o seu ex-mozo, condenado por violencia de xénero. Compañeiros de traballo, veciños e amigos reclámanlle ao Goberno que lle conceda un indulto.
A falta de substituto do xuíz de violencia de xénero na Coruña obriga a suspender oito xuízos. As vistas estaban fixadas para comezos de setembro, pero foron adiadas a outubro.
O Banco Santander vende a Blackstone o 51% dos activos de ladrillo do Banco Popular. A operación, valorada en 30.000 millóns, é a maior deste tipo da historia de España.
A seca afunde as renovables en Galicia e dispara un 60% a electricidade con carbón. A produción dos encoros derrúbase case un 70% e un 20% a dos parques eólicos.
La Marea afonda nesta reportaxe na historia do campo de concentración franquista de Camposancos (A Guarda), que chegou a recluír ata 5000 persoas
O BNG de Castro de Rei denuncia a inserción na revista-programa das festas de Castro Ribeiras do Lea 2017 dun anuncio que inclúe un escudo franquista. A revista, ademais do programa festivo, leva ao inicio un saúdo do alcalde da localidade, xa que o Concello colabora con 6.000 euros, entroutras axudas.
O único concelleiro do PSdeG en Coristanco presenta unha moción de censura contra o goberno de TeGA. O PP apoiaría que o edil socialista se convertese no alcalde ante a "sorpresa" da dirección provincial.
O novo plan de transporte comeza con "innumerables problemas" segundo as tres federacións que agrupan o 90% do sector. Os sindicatos critican incumprimentos de contratos e subrogación de persoal e instan a convocar a comisión se seguimento.