Dr. Strange: Season One,a novela gráfica ilustrada pola coruñesa Emma Rios, é o noveno tebeo máis vendido esta semana nos Estados Unidos, na clasificación publicada por The New York Times
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5078651683f0f-doctorstrange_seasonone_cover-e1324086488849.jpg)
Dr. Strange: Season One,a novela gráfica ilustrada pola coruñesa Emma Rios, é o noveno tebeo máis vendido esta semana nos Estados Unidos, na clasificación publicada por The New York Times
Convocan unha "folga de pais e nais" para o vindeiro xoves pedindo que non leven os seus fillos e fillas ao colexio
Amazon aposta por vender Kindle "a precio de custe" co obxectivo de obter beneficios da comercialización de contidos on line. Ao tempo cada vez máis voces alertan do erro estratéxico da industria editorial española, moi rezagada na súa adaptación ao novo contexto tecnolóxico.
Mai Balaguer, directora do programa Bestiari Il·lustrat, do Canal 33, dimite despois da polémica xerada pola emisión dun video no que se utilizaban caricaturas de personaxes coma o rei Juan Carlos, o príncipe Carlos de Inglaterra ou o escritor Salvador Sostres para practicar o tiro ao branco.
O rei, a Rajoy: "díxenlle ao pobre Wert que está moi mal o que fixo", en referencia ao plan do ministro de Educación para "españolizar" o alumnado catalán. En El País.
Alternativa recolle o apoio de Syriza e da Front de Gauche nun concorrido mitin na Coruña no que Beiras advertiu do "exterminio" ao que o PP somete á cultura galega. Máis información, esta tarde en Praza.
Ao redor de seis mil persoas participan en Barcelona na marcha antiindependentista convocada pola plataforma D'Espanya i catalans. Á manifestación asistiu a líder do PP en Catalunya, Alícia Sánchez-Camacho.
A Xunta dá hoxe por rematado o período de alto risco de incendios. Dende mañá pódense solicitar de novo permisos para queimas controladas.
A UE gana o Premio Nobel da Paz. Adiantouno unha canle de televisión norueguesa. A concesión deste galardón xa fora polémica en 2009, cando recaeu no presidente estadounidense, Barack Obama. O xurado xustifícao pola "contribución histórica" da Unión á paz.
La Región contesta a Feijoo e afirma que o candidato do PP "mentiu" cando afirmou que o xornal non publicara un comunicado remitido polo gabinete de prensa do Sergas