O PP carga contra Podemos por gardar un minuto de silencio polas vítimas de París e tamén polas de Siria: "No puede ser", indicou Javier Maroto, para quen a mensaxe debe ser "muy claro: ellos o nosotros, ellos el terror, o nosotros". Recólleo eldiario.es
Fálase
Xulio Ferreiro: "A dereita xógase quen é o sucesor de Rajoy: Rivera ou Feijóo". O alcalde da Coruña apunta o presidente da Xunta como relevo de Rajoy e cre que "vende moi ben a súa inacción".
O Centro de Transfusións de Galicia apela ás doazóns por atoparse baixa as reservas dos grupos A+, 0+ e 0-. Estes son os puntos nos que se pode doar sangue.

Olga Rodríguez debulla en eldiario.es como naceu o ISIS, como se financia e "quen fan a vista gorda" ante as súas accións.
Está a causar gran rebumbio a confusión de TVE, que atribuíu a Al Qaeda un símbolo de Star Wars, nomeadamente, o da Alianza Rebelde, que é tamén o logotipo dunha discográfica chamada Alqaedas inc (Minuto 1:05 do vídeo).
A Policía non atopa o terrorista que procuraba en Bruxelas, presuntamente vinculado aos atentados de París. A capital comunitaria en estado de máxima alerta e nas últimas horas vénse de advertir as persoas que traballan no Parlamento Europeo. Asemade, suspendeuse o encontro de fútbol que ían disputar na cidade as seleccións de Bélxica e España.
Feijóo reivindica que o PP ten un "proxecto de país" fronte a "estrellatos televisivos". Díxoo na presentación dos candidatos do seu partido na Coruña. Recólleo Faro de Vigo
O Parlamento prevé elixir antes de fin de ano os senadores por designación autonómica, que terían que estar presentes na constitución da Cámara Alta, en xaneiro. Cóntao La Voz