Olga Rodríguez debulla en eldiario.es como naceu o ISIS, como se financia e "quen fan a vista gorda" ante as súas accións.
Fálase
Está a causar gran rebumbio a confusión de TVE, que atribuíu a Al Qaeda un símbolo de Star Wars, nomeadamente, o da Alianza Rebelde, que é tamén o logotipo dunha discográfica chamada Alqaedas inc (Minuto 1:05 do vídeo).
A Policía non atopa o terrorista que procuraba en Bruxelas, presuntamente vinculado aos atentados de París. A capital comunitaria en estado de máxima alerta e nas últimas horas vénse de advertir as persoas que traballan no Parlamento Europeo. Asemade, suspendeuse o encontro de fútbol que ían disputar na cidade as seleccións de Bélxica e España.
Feijóo reivindica que o PP ten un "proxecto de país" fronte a "estrellatos televisivos". Díxoo na presentación dos candidatos do seu partido na Coruña. Recólleo Faro de Vigo
O Parlamento prevé elixir antes de fin de ano os senadores por designación autonómica, que terían que estar presentes na constitución da Cámara Alta, en xaneiro. Cóntao La Voz
Múltiples institucións lembran este luns as vítimas dos atentados de París con minutos de silencio. Na imaxe, a concentración do Parlamento.
Ledicia Costas gaña o Premio Lazarillo coa súa obra Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante, que será publicada por Xerais en 2016. O xurado do premio, concedido pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, destaca que se trata dunha "novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben conseguida" e "linguaxe sinxela, pero elaborada". A autora gañou o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil o pasado outubro.
Uns 70 concellos reúnense esta mañá en Compostela para acordar medidas de impulso ao galego. A CTNL e o Concello organizan o Encontro de Política Lingüística Municipal.
Case 1.200 persoas votaron a favor das candidaturas de En Marea. O 79% dos participantes votaron a favor das listas, o 14% en contra e o 7% en branco, tras participar 1.464 cidadáns. Antón Gómez-Reino, Alexandra Fernández, Miguel Anxo Fernán Vello e David Bruzos encabezarán as listaxes ao Congreso.
IU e Podemos buscan a fórmula para non competir en Galicia e Cataluña polo 20D. Son as únicas dúas autonomías onde as dúas formacións van en coalición malia ter diferentes candidatos á presidencia. Cóntao El País.