A folga estudantil arranca cun seguimento desigual, moito maior nos institutos que na universidade, aínda que as organizacións estudantís falan xa de "éxito". En Compostela, hai varias facultades nas que o paro é total. #folgaestudantil
Fálase
Pontedeume acolle a primeira manifestación polo ensino público. O resto das marchas desta xornada de folga, máis de vinte en varias vilas e cidades galegas, celebraranse ás 12 horas. Imaxe de @comites_ferrol.
O 20 de febreiro de 1989, hai hoxe 25 anos, nacía o movemento de insubmisión cando 57 mozos de distintos puntos de España anunciaron que non farían a mili. Público lembra que o Regulamento para Reservistas, aprobado en 2011, establece que os mozos e mozas de entre 19 e 25 anos poden ser mobilizadas de forma obrigatoria en función das "necesidades da Defensa Nacional"
Uns 30 estudantes pecháronse na Facultade de Belas Artes de Pontevedra para "reivindicar un ensino público, galego, científico e non patriarcal" e en protesta contra a Lomce. A Liga Estudantil prepara a manifestación e xornada de folga de hoxe.
Máis de vinte manifestacións a prol da educación pública hoxe en Galicia nunha xornada de folga no ensino convocada por Liga, Comités e Agir contra a Lomce e os recortes do Goberno do PP.
Dimite o senador do PP e ex número dous de Esperanza Aguirre, Francisco Granados, tras publicarse que tiña unha conta en Suíza. En El Diario
Un novo vídeo amosa a Garda Civil disparando pelotas de goma mentres persoas migrantes tentaban chegar á costa de Ceuta. Segundo o cidadán que o gravou, os axentes berraban "vamos, cabrones". En El Diario
A acusación de pertencer a Resistencia Galega contra un ferrolán, agora arquivada, baseouse en recibos de Galicola e entradas de concertos, segundo informa El Correo Gallego
A xuíza De Lara rexeita trasladar á Coruña a parte da Pokémon correspondente á cidade, como reclamaba o número dous do Concello, Julio Flores. En Faro de Vigo
Un grupo de militantes de Anova lanza o manifesto #NósQueremosAGE no que apoian a continuidade da coalición electoral para as eleccións europeas. O colectivo, no que se integra Martiño Noriega, defende esta opción cara ao referendo interno do vindeiro domingo.