Un grupo de militantes de Anova lanza o manifesto #NósQueremosAGE no que apoian a continuidade da coalición electoral para as eleccións europeas. O colectivo, no que se integra Martiño Noriega, defende esta opción cara ao referendo interno do vindeiro domingo.
Fálase
O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, urxe os partidos a asumir responsabilidades políticas polos casos de presunta corrupción. Recólleo El País
Facebook merca WhatsApp por 19.000 millóns de dólares. Recólleo El Economista
O TSXG arquiva a denuncia dun vixilante do Parlamento contra a deputada do PSdeG Beatriz Sestayo. O vixilante acusábaa de intimidalo para tentar acceder co seu coche ao recinto parlamentario malia ter outro xa estacionado dentro. Segundo o auto do arquivo, "a versión dos feitos do denunciante no aparece confirmada na gravación facilitada polo Parlamento" e "tampouco polo policía" que o acompañaba e "foi testemuño dos feitos".
Feijóo, sobre a operación Patos: "Os responsables pagarán o pato". Recólleo Europa Press
O Ministerio de Economía diríxese por carta ao presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística e sitúa a sede da entidade na provincia de La Coruña, inexistente dende 1998.
Iberdrola reduce ao mínimo os seus investimentos en España ante a política enerxética do Goberno do PP. Tan só un 15% do seu investimento irá destinado ao mercado estatal tras a retirada das primas ás renovábeis.
A xuíza deixa en liberdade con cargos os cinco detidos na operación Patos. Están imputados por presuntos delitos de prevaricación, suborno, tráfico de influencias e falsidade documental, segundo informa o TSXG.
Grupos de mulleres rexistran os seus corpos nos Rexistros de Propiedade da Coruña e de Compostela. Máis información, esta tarde en Praza. Imaxe de @rizlinha.
Cristóbal Montoro promete que o Goberno impulsará a construción en Navantia, nas súas instalacións de Ferrol e Cádiz, dun buque militar para a súa venda ao exterior. Segundo a CIG, Navantia ten "dúbidas" sobre o levantamento do veto á construción civil na ría