Feijóo, sobre a operación Patos: "Os responsables pagarán o pato". Recólleo Europa Press
Fálase
O Ministerio de Economía diríxese por carta ao presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística e sitúa a sede da entidade na provincia de La Coruña, inexistente dende 1998.
Iberdrola reduce ao mínimo os seus investimentos en España ante a política enerxética do Goberno do PP. Tan só un 15% do seu investimento irá destinado ao mercado estatal tras a retirada das primas ás renovábeis.
A xuíza deixa en liberdade con cargos os cinco detidos na operación Patos. Están imputados por presuntos delitos de prevaricación, suborno, tráfico de influencias e falsidade documental, segundo informa o TSXG.
Grupos de mulleres rexistran os seus corpos nos Rexistros de Propiedade da Coruña e de Compostela. Máis información, esta tarde en Praza. Imaxe de @rizlinha.
Cristóbal Montoro promete que o Goberno impulsará a construción en Navantia, nas súas instalacións de Ferrol e Cádiz, dun buque militar para a súa venda ao exterior. Segundo a CIG, Navantia ten "dúbidas" sobre o levantamento do veto á construción civil na ría
Izquierda Plural pide a dimisión do ministro do Interior tras a traxedia de Ceuta na que morreron 15 inmigrantes. Os seus deputados amosan carteis no Congreso
A edil do PP de Pontevedra María Biempica súmase a unha moción de BNG e PSdeG a prol do dereito ao aborto que rexeita a contrarreforma impulsada polo Goberno central. Recólleo El País.
O ditame da ILP Paz Andrade sae adiante na Comisión de Educación do Parlamento co apoio de todos os grupos parlamentarios.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol presentou unha denuncia ante a Comisión Europea polo intento "de subvencionar a planta de gas de Reganosa como futura estación de aprovisionamento de GNL a buques (bunkering)"