Fomento comunica ao Diario Oficial da Unión Europea a adxudicación dun treito da autovía Lugo-Santiago entre Melide e Arzúa, localidades ás que sitúa na "provincia de La Coruña", denominación que non é oficial en ningún punto do Estado dende 1998.
Fálase
O CD Lugo impúxose esta noite ao Real Madrid Castilla por 3-2 nun intenso partido. En Galiciaé
CiU négase agora a establecer o ano 2014 para celebrar a consulta soberanista en Catalunya e ERC só lle garante a Mas o apoio para a sesión de investidura. En Ara
Afectados polas preferentes maniféstanse a partir das 11 polas rúas de Lugo. Esta mobilización cadra con outras que, á mesma hora, se desenvolverán noutros puntos do Estado contra esta "estafa".
A CIG ten convocada para esta mañá en Pontevedra unha manifestación "contra a represión sindical, a reforma do código penal e a lei de taxas xudiciais"
A práctica totalidade dos diarios impresos levan hoxe ás súas portadas a matanza acontecida este venres nunha escola dos Estados Unidos. En Galicia, este suceso comparte espazo cos efectos do temporal.
El Diario detalla que a posibilidade de que o Goberno publique unha lista de grandes defraudadores a Facenda remataría con "trinta e dous anos de secretismo" neste ámbito.
Beiras delega en Yolanda Díaz a realización das preguntas de AGE ao presidente da Xunta na sesión de control do Parlamento durante este período de sesións, segundo adianta Europa Press na súa web.
Morre máis dunha vintena de persoas nun tiroteo nunha escola dos Estados Unidos. Está a contalo a Cadena SER.
Narón denuncia o presidente da Deputación da Coruña ante o Valedor do Pobo. O Concello acusa a Diego Calvo de ignorar as demandas do municipio.