A práctica totalidade dos diarios impresos levan hoxe ás súas portadas a matanza acontecida este venres nunha escola dos Estados Unidos. En Galicia, este suceso comparte espazo cos efectos do temporal.
Fálase
El Diario detalla que a posibilidade de que o Goberno publique unha lista de grandes defraudadores a Facenda remataría con "trinta e dous anos de secretismo" neste ámbito.
Beiras delega en Yolanda Díaz a realización das preguntas de AGE ao presidente da Xunta na sesión de control do Parlamento durante este período de sesións, segundo adianta Europa Press na súa web.
Morre máis dunha vintena de persoas nun tiroteo nunha escola dos Estados Unidos. Está a contalo a Cadena SER.
Narón denuncia o presidente da Deputación da Coruña ante o Valedor do Pobo. O Concello acusa a Diego Calvo de ignorar as demandas do municipio.
O novo Goberno vasco terá oito consellerías, as mesmas que a Xunta, que deixa de ser "o Goberno máis reducido das nacionalidades históricas", como afirmara Feijóo. En Deia
Os sindicatos de Navantia alertan de atrasos no contrato con Pemex e advirten de que isto podería supoñer que non se crease emprego. Ameazan con novas mobilizacións nas vindeiras semanas.
Suicídase unha muller en Málaga tres días despois de recibir a orde de desafiuzamento. Coidaba a súa nai enferma, de 96 anos.
Windows xa non é o sistema operativo máis utilizado do mundo e, de feito, cae até a terceira posición, co 20% do mercado. É superado por Android, co 42%, e Apple, co 24%. A razón é que os ordenadores persoais xa só representan o 29% de todos os dispositivos para conectarse á rede, moi por detrás de smartphones e tablets (66% do total)
Novacaixagalicia pide ao FROB que descarte unha operación acordeón en NGB. Advirte que xa propuxo vías alternativas para evitar perder o seu capital no banco.