Vén de nacer a Asociación de Medios en Galego
Fálase
Oriol Pujol dá a entender que presentará a súa renuncia se se confirma a súa imputación no caso da presunta rede de amaños de concesións de ITV. A Fiscalía Anticorrupción pediu a imputación do secretario xeral de CDC.
A vindeira obra de David Rubín será unha adaptación de Beowulf. Rubín contará nesta nova novela gráfica co traballo de Santiago García no guión.
A Xunta lanza unha alerta por temporal para a costa da Coruña e Lugo
Persoal de Radio Nacional de España denuncia "constantes chamadas á redacción para controlar" as informacións sobre "o tema Bárcenas"
O secretario da Deputación de Ourense e fillo do ex presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro Gosende, ratifica que José Luis Baltar incumpriu a lei ao tramitar os contratos que investiga a Xustiza por presunta prevaricación. No Faro de Vigo
Este luns a Asemblea UDC en loita presentou as accións convocadas ao redor da folga estudantil convocada para este mércores. O martes ás oito da tarde comezará un peche na Facultade de Ciencias da Educación e o mércores ao mediodia partirá unha manifestación da Praza de Pontevedra
Rajoy di dende Berlín que todo o publicado sobre o caso Bárcenas é falso "agás algunhas cousas". En El País
A transcrición en Twitter das verbas do voceiro do PP, Carlos Floriano, sobre o caso Bárcenas está a ser moi difundida nesta rede social. Un erro sintáctico provocou que os conservadores veñan dicir, por escrito, que incorreron en prácticas irregulares.
Alexis Tsipras presenta en Sinpermiso a "solución para Europa" de Syriza. Piden para Gracia "unha redución significativa do valor nominal da débeda pública acumulada" e denuncia o "pacto informal que tras a ditadura actúa a modo de soldadura entre a patronal e o bipartidismo de Nueva Democracia e PASOK" e que garante o mantemento dun sistema fiscal inxusto e que beneficia as elites.