Persoal de Radio Nacional de España denuncia "constantes chamadas á redacción para controlar" as informacións sobre "o tema Bárcenas"
Fálase
O secretario da Deputación de Ourense e fillo do ex presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro Gosende, ratifica que José Luis Baltar incumpriu a lei ao tramitar os contratos que investiga a Xustiza por presunta prevaricación. No Faro de Vigo
Este luns a Asemblea UDC en loita presentou as accións convocadas ao redor da folga estudantil convocada para este mércores. O martes ás oito da tarde comezará un peche na Facultade de Ciencias da Educación e o mércores ao mediodia partirá unha manifestación da Praza de Pontevedra
Rajoy di dende Berlín que todo o publicado sobre o caso Bárcenas é falso "agás algunhas cousas". En El País
A transcrición en Twitter das verbas do voceiro do PP, Carlos Floriano, sobre o caso Bárcenas está a ser moi difundida nesta rede social. Un erro sintáctico provocou que os conservadores veñan dicir, por escrito, que incorreron en prácticas irregulares.
Alexis Tsipras presenta en Sinpermiso a "solución para Europa" de Syriza. Piden para Gracia "unha redución significativa do valor nominal da débeda pública acumulada" e denuncia o "pacto informal que tras a ditadura actúa a modo de soldadura entre a patronal e o bipartidismo de Nueva Democracia e PASOK" e que garante o mantemento dun sistema fiscal inxusto e que beneficia as elites.
Carlos Mella é elixido Presidente da Fundación Castelao en substitución do finado Avelino Pousa Antelo
Os mineiros de Asturias e León volven estar nunha situación límite. As empresas adebédanlles unha nómina aos seus traballadores, algunhas executan recortes de salarios de entre o 5% e o 35% e hai 500 despedimentos formalizados mediante ERE. Os traballadores inician este luns cortes do transporte de carbón importado cara ás térmicas e ameazan con radicalizar o conflito o día 13.
O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes (PP), vén de ser imputado na Operación Pokémon. Está convocada unha rolda de prensa no Concello ás 12:30 horas. O número de imputados neste caso xa supera a trintena.
O blog Principia Marsupia recolle, ao fío do caso Bárcenas, cinco exemplos internacionais de políticos que abandonaron os seus cargos por "honestidade".