De Guindos advirte desde Santiago que as reformas "seguirán" malia as protestas nas rúas. "A situación irase corrixindo", asegura o ministro de Economía.
Fálase
Esperanza Aguirre di que a única "queixa" que ten do Goberno de Rajoy é que "non recorta o suficiente". En Público.es
A OIT advirte que o emprego non regresará aos niveis de antes da crise até finais de 2016 nos países desenvolvidos, incluído España. A culpa, segundo a Organización Internacional do Traballo, é das duras reformas e da austeridade.
The Economist asegura que os bancos españois precisarán "moito máis capital" para recuperar a confianza nos mercados e fala de entre 60.000 e 80.000 millóns.
Standard & Poor's rebaixa o rating de 11 entidades financeiras españolas,á vez que pon en revisión con perspectiva negativa a outras cinco. BBVA, Santander, Banesto, Sabadell, Ibercaja, Bankinter, Banca Cívica, Barclays, Kutxabank, Santander Consumer e a Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA) son as rebaixadas.
España entra oficialmente en recesión. A economía española rexistrou unha caída do 0,3% do PIB no primeiro trimestre, unha décima menos do agardado polo Banco de España, que calculaba un retroceso do 0,4%.
O Consorcio de Benestar anuncia a formalización de cinco contratos para a xestión privada doutras tantas escolas infantís. Tres deles son para a Fundación de Estudios y Análisis, que a CIG ten vinculado ao Opus Dei.
De Guindos en Santiago. Esta mañá o ministro de Economía participa nun acto sobre sanidade con Feijóo na Cidade da Cultura. A mediodía ofrece unha rolda de prensa conxunta co titular de Finanzas do Goberno alemán, Wolfgang Schäuble.
A web creada pola Generalitat de Catalunya para canalizar delacións sobre presunta violencia na rúa esperta dúbidas sobre a súa legalidade. En La Información.
Indíxenas da Amazonía coordínanse por skype para loitar xuntos contra a contrución de novos encoros e outras ameazas para as súas sociedades