O presidente ucraíno anuncia un acordo coa oposición e a UE para tentar frear os disturbios que onte provocaron ducias de vítimas. A BBC está a seguir os acontecementos ao vivo.
Fálase
O Goberno de España chega a un acordo con Marrocos para 'devolver' inmediatamente as persoas que crucen a súa fronteira. En El Diario
La Voz entrevista a Ángel Espadas, ex xefe de gabinete de Conde Roa, quen afirma ser "inocente" aínda que cometese "prácticas pouco éticas" na Pokémon. Nas escoitas telefónicas Espadas dixo ser "un corrupto" polo ex alcalde compostelán.
El País publica o vídeo das cámaras de seguridade do Parlamento que demostra que o suposto atropelo da deputada Beatriz Sestayo a un vixilante "nunca existiu".
El Diario publica o contido íntegro da declaración da infanta Cristina ante o xuíz Castro polo caso Nóos.
Aumenta a polémica por un artigo de Arcadi Espada en El Mundo no que escribe "Dispararlle balas de goma a un negro que insiste é case, case unha untuosa ceremoniosidade de poeta. Un rito de paso!" e no que critica un artigo anterior de Luis García Montero, que denunciaba a actuación do Goberno.
Una veciña de Leganés (Madrid) que participa na querela arxentina contra os crimes do Franquismo denuncia ameazas e intimidacións. A pesar de denuncialo ante a policía, o caso foi arquivado. Unha reportaxe de Diagonal.
Varias manifestacións estudantís comezarán en varias vilas e cidades galegas ao mediodía. Algunhas mobilizacións, como a de Ribadeo, xa se están a celebrar. Imaxe de @ligaestudantil.
María Biempica converteuse onte no pleno do Concello de Pontevedra na primeira edil do PP nunha cidade galega que vota en contra da reforma da lei do aborto proposta por Gallardón. Destaca que "o meu voto é o de moitos afiliados" e que "hai momentos históricos nos que se esixe unha mirada distinta".
A folga estudantil arranca cun seguimento desigual, moito maior nos institutos que na universidade, aínda que as organizacións estudantís falan xa de "éxito". En Compostela, hai varias facultades nas que o paro é total. #folgaestudantil