A alemá Dachser faise con Azkar. Ten xa o control total da empresa de transportes ao mercar o 90% das accións á familia Somoza e quedar así co 100% tras completar o 10% que xa posuía.
Fálase
Esta mañá desenvólvese no Parlamento vasco o debate de investidura, que finalizará coa elección de Íñigo Urkullu como novo lehendakari.
Salvamento Marítimo informa de que está a coordinar dende Fisterra a busca dun home caído ao mar dende un cantil en Oia
Continúa o xuizo do Prestige. Nestes momentos está declarando de novo o ex Capitán Marítimo de A Coruña Ángel del Real
Rajoy culpa o PSOE dos recortes por non cumprir co déficit. Respondeu así as acusacións de Rubalcaba, que o sinalou por "destrozar" o Estado social durante a sesión de control do Congreso.
Wert afirma no Congreso en resposta ás preguntas de varios deputados que o Goberno "non ten a menor intención de atacar a escola en catalán" e que "o catalán ten, como mínimo, o mesmo tratamento que a lingua castelá". O republicano Alfred Bosch dille que "chocou contra un xigante: unha nación decidida a defender os seus fillos, a súa escola e o seu futuro".
O Goberno pagará a metade do aluguer a familias con ingresos inferiores a 1.600 euros. A axuda non poderá superar os 2.400 euros ao ano e durará un máximo de tres exercicios, segundo conta Cinco Días.
Inditex alcanza un beneficio record de case 1.700 millóns, un 27% máis, en plena crise nos primeiros nove meses do ano. A expansión en Asia e as vendas por internet, claves nos bos resultados da multinacional galega.
Ás 12 horas Queremos Galego convoca unha concentración diante da sede da Xunta en San Caetano para esixir a derrogación do Decreto de Plurilingüismo cuestionado polas sentenzas do TSXG. Anuncian que haberá "sorpresas".
O Papa Benedito XVI estreará a súa conta de Twitter ás 12 horas de hoxe