O CD Lugo logra unha valiosa vitoria ante o Mallorca por un contundente 4-0 no Ángel Carro, onde leva gañando cinco partidos consecutivos.

O CD Lugo logra unha valiosa vitoria ante o Mallorca por un contundente 4-0 no Ángel Carro, onde leva gañando cinco partidos consecutivos.
Ciudadanos ve "inviable" que a sanidade pública atenda as persoas migrantes sen permiso de residencia en regra. O Goberno central anunciou que valora devolver parcialmente este dereito tras recortalo en 2012.
Seguen a aparecer mozas e mozos feridos e en shock que sobreviviron ao ataque á Universidade de Garissa, en Quenia, onde foron asasinadas 147 persoas e feridas unhas 70. Está a contalo GuinGuinBali, medio especializado en información de África Occidental, a través do espazo Desalambre de Eldiario.es
O BNG lograría a maioría absoluta en Carballo ao gañar 5 puntos e dous edís, segundo unha enquisa elaborada por Sondaxe que recolle Electograph
A Xunta dá por extinguido o incendio que queimou 33 hectáreas en Ourol
A Xunta envía unha carta a Audasa para que se prepare para os atascos do verán. As advertencias do Goberno galego á concesionaria da AP-9 durante o pasado verán foron ignoradas
A xuíza investiga se o entramado que lle atribúe a Monbús amañou o concurso para o catamarán do río Sil. Cóntao El País Galicia
Praza non se actualizará este venres por descanso da redacción. Volvemos o sábado!
Albano Dante Fachín, editor de Café amb Llet, falará este sábado en Vigo dentro das xornadas Recuperar soberanía, desarmar o TTIP, organizadas por Ecoar. Ás 20 horas no Salón de Actos do Instituto Santa Irene ofrecerá a conferencia “O TTIP: o plan do 1% para acabar -dunha vez por todas- coa democracia”
O director Manoel de Oliveira morreu esta mañá aos 106 anos de idade. Filmou máis de 60 películas, dende Douro, Faina Fluvial (1931) até a curta O Velho do Restelo (2014), destacando obras coma Aniki Bóbó. Sendo neno, estudou na Guarda, nun colexio de xesuítas, mantendo sempre un gran vencello con Galicia