Cabalos e lobos, a novela de Fran P. Lorenzo gañadora do premio Blanco Amor de Novela será finalmente publicada por Xerais en abril
Fálase
A Revista Galega de Teatro convoca o V Certame de Banda Deseñada sobre Teatro, que este ano estará dedicado ao texto Imundação, da dramaturga portuguesa Marta Freitas. Nas catro edicións celebradas os gañadores foron Brais Rodríguez (Doentes), Diego Campos Omil (Hamster), Juan Molina Fernández (Belicosario) e Diego Blanco (2132)
Os Riazor Blues debaten a súa disolución, segundo publica La Voz de Galicia, unha decisión que se adoptaría nuns días
Abanca proponlles aos sindicatos recortar soldos (a través dunha nova fórmula para calcular a antigüidade e dun cambio no número de pagas abonadas) e ampliar o horario dos traballadores do banco, medidas que rexeitan os sindicatos. Hoxe empresa e centrais manterán unha segunda xuntanza.
Iker Armentia escribe en El Diario "10 cousas que fixo Alfonso Alonso e que ti non deberías facer", un percorrido crítico pola vida política do ex alcalde de Vitoria-Gasteiz, que se converterá ministro de Sanidade.
El Diario entrevista Gregorio Morán, autor de El cura y los mandarines (Akal), un retrato dos intelectuais na Transición e do seu rendible acomodo no poder, que se presenta esta semana en Madrid e Barcelona. Destaca que “a canonización do Réxime do 78 foi un erro. Os autoeloxios xa cheiraban a peixe podre”
A porcentaxe de representantes dos sindicatos minoritarios que negocian convenios de empresa creceu oito puntos nos últimos tres anos
Junqueras (ERC) rexeita a lista única proposta por Mas e aposta pola convocatoria inmediata de eleccións e un goberno de concentración.
Louzán confirma que optará a presidir a Federación Galega de Fútbol. Así o adiantou Praza o pasado setembro.
Alfonso Alonso, novo ministro de Sanidade. O voceiro do PP no Congreso, avogado e filólogo, ocupará o posto que deixou vacante Ana Mato.