Continúa o peche no Hospital Xeral de Vigo a prol da sanidade pública e en contra dos recortes e da privatización. O encerro manterase ata as 8 da mañá deste martes. Imaxe de @aljo_farias.
Continúa o peche no Hospital Xeral de Vigo a prol da sanidade pública e en contra dos recortes e da privatización. O encerro manterase ata as 8 da mañá deste martes. Imaxe de @aljo_farias.
Uns 200 membros da Plataforma das Artes Escénicas permanecen pechados na sede da AGADIC, na Cidade da Cultura, "para denunciar cunha solicitude formal a grave situación na que se atopan as empresas e traballadores do sector".
O desafiuzamento de Aurelia Rey foi finalmente paralizado despois de horas de tensión e de que os bombeiros se negasen a executar a orde policial para rechar unha cadea que pechaba o portal. Os concentrados farán gardas por quendas diante da vivenda para evitar a expulsión.
Enfrontamentos entre a policía e os concentrados ás portas da casa de Aurelia Rey. Francisco Jorquera, voceiro parlamentario do BNG, ou César Santiso, voceiro municipal de EU, foron zarandeados polos antidisturbios. Os bombeiros néganse a cortar a cadea que pecha o portal da vivenda. Máis información, nuns minutos en Praza.
Aurelia Rey permanece na súa casa e négase a abandonala despois da intervención policial. O portal do edificio está pechado cunha cadea que os bombeiros se negaron a romper. Ao redor de vinte antidisturbios manteñen cortada a rúa.
O grupo musical e humorístico Os da Ría emite un retranqueiro comunicado anunciando a súa intención de presentárense para dirixir a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), organismo dependente da Xunta cuxa dirección leva catro meses vacante.
Mantense a concentración na rúa Padre Feijoo da Coruña diante da casa de Aurelia Rey. 200 persoas impiden de momento o desaloxo desta muller de 85 anos.
O colectivo cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos organiza este domingo en Ferrol o I Campionato Mundial de Pesca de Neumático para protestar contra o estado da ría
O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, anuncia o seu regreso tras ser tratado en Cuba do cancro que padece. Chávez non puido tomar posesión tras gañar as eleccións a causa da súa doenza.
Ao redor de 200 persoas concéntranse na Coruña diante da vivenda de Aurelia Rey para evitar que sexa expulsada da súa casa por unha débeda de 165 euros