O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanza que o seu papel no Congreso Nacional do PSdeG será "de perfil baixo". "Eu quero xogar na división española", asegura.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanza que o seu papel no Congreso Nacional do PSdeG será "de perfil baixo". "Eu quero xogar na división española", asegura.
España suspende na maioría dos indicadores macroeconómicos nun estudio realizado pola Comisión Europea. Neste link podedes ver o resultado das probas, presentadas este mediodía por Durao Barroso.
No blog calidonia hibernia, podedes ler unha magnífica análise sobre a actual cota de mercado da lingua galega na web.
Deputadas e deputados do grupo Verdes-ALE, entre eles a galega Ana Miranda, protestaron esta mañá diante do Europarlamento contra a ACTA
Bruxelas acusa ao Goberno de Mariano Rajoy de mentir sobre os datos de déficit para reivindicar a final de ano que lograran rebaixalo ao 4,4%. Segundo unha información de Reuters, non é certo que España pechase 2011 cun déficit superior ao 8%
As deputadas do PSdeG non acoden á fotografía de familia convocada pola presidenta do Parlamento para conmemorar que na Cámara hai maioría de mulleres por primeira vez
No Parlamento xa hai maioría absoluta de deputadas. Vinte e unha son do Grupo Popular, once do Grupo Socialista e seis do Grupo do BNG. Na primeira lexislatura houbo tres e na segunda, dúas. A Presidencia da Cámara convócaas a unha foto de familia este mediodía para conmemoralo
Jesús Vázquez asegura no Parlamento que Cultura e Educación suprimirá o Consorcio Audiovisual, como prometera Feijóo
Escoita a versión que El Puto Coke fai do himno galego
A economía grega afunde completamente nun proceso recesivo histórico. O Produto Interior Bruto (PIB) do país caeu un 7% no cuarto trimestre de 2011. As medidas de axuste, a suba do paro e a caída do consumo interno e o turismo, entre as causas. En Ekathimerini