Jesús Vázquez asegura no Parlamento que Cultura e Educación suprimirá o Consorcio Audiovisual, como prometera Feijóo
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f3a5bba9753b-a9cfecfcc89728b00afd4ed3cd979fc9.jpg)
Jesús Vázquez asegura no Parlamento que Cultura e Educación suprimirá o Consorcio Audiovisual, como prometera Feijóo
Escoita a versión que El Puto Coke fai do himno galego
A economía grega afunde completamente nun proceso recesivo histórico. O Produto Interior Bruto (PIB) do país caeu un 7% no cuarto trimestre de 2011. As medidas de axuste, a suba do paro e a caída do consumo interno e o turismo, entre as causas. En Ekathimerini
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, propón no Parlamento Europeo que as taxas de desemprego sexan un criterio a ter en conta para a distribución dos Fondos Estruturais 2014-2020. "A cohesión non pasa polas grandes infraestruturas senón que consiste en crear emprego", di a parlamentaria.
A televisión pública catalá, TV3, emitirá mañá o documental Monarquía ou República? tras solicitarllo máis de 4.000 persoas. O PP reclamara cancelar a emisión polas "difíciles circunstancias" que atravesa a familia real. En PR Noticias
O número de sociedades mercantís disoltas en Galicia medrou un 20% en decembro respecto do mesmo mes de 2011. O conselleiro de Economía, Javier Guerra, valorou o incremento das empresas creadas, dun 8%. A destrución de empresas non se desacelerou, en contra do que sostén o Goberno galego.
Fernando Branco Parga (BNG) repróchalle a Feijóo non acudise ao Parlamento para dar conta dos cambios na estrutura da Xunta: "Están convertendo isto nunha deputación provincial", lamenta
O Tesoro español vén de colocar 5.445 millóns en letras a 12 e 18 meses malia á rebaixa de rating executada esta medianoite pola axencia de cualificación Moody's.
A oposición quixo votar en branco na elección do novo vicepresidente do Parlamento, Miguel Santalices. Á falta de papeletas, tivéronse que apañar cuns folios.
Unha galería barcelonesa mete a Franco nunha máquina de bebidas para levalo á Feira de Arte Contemporánea de Madrid (Arco). En Ara.