O ex presidente da Generalitat, Jordi Pujol, afirma que votaría a favor da independencia de Catalunya nun hipotético referendo, e provoca unha inmediata reacción en twitter.
O ex presidente da Generalitat, Jordi Pujol, afirma que votaría a favor da independencia de Catalunya nun hipotético referendo, e provoca unha inmediata reacción en twitter.
Non todo é preocupación pola reforma laboral. O 95% das grandes empresas ten blindados os seus directivos ante as novas normas. Cóntao La Información.
O 60% dos españois está en contra da reforma laboral, pero o 50% non iría a unha folga xeral (o 47% si o faría), segundo unha enquisa que publica hoxe El Periódico de Catalunya
El País lembra hoxe que este 11 de marzo non será o primeiro no que se celebren manifestacións. En 2006, unha plataforma ultraconservadora, apoiada por cargos do PP, manifestouse a prol da segregación por sexo na educación.
A vitoria de Romney en Washington (37,6%, con 30 dos 40 delegados en xogo) ábrelle o camiño a un triunfo no 'supermartes' de mañá, no que votan dez estados. A clave para saber se a súa vitoria pode ser case definitiva estará en votacións coma as de Ohio ou Tennessee, onde as enquisas sinalan un empate entre Romney e Santorum.
China prevé medrar este ano "só" un 7,5% interanual, anunciou o máximo mandatario, Wen Jiabao. A inflación estará situada no 4% e terán un déficit do 1,5%. A nova completa, no Globo de Brasil
Magnífico fin de semana para o fútbol galego. Na Segunda, Depor e Celta venceron, consolídanse nos dous primeiros lugares da clasificación e abren brecha a respecto dos seus competidores. Na Segunda B, só fallou o Lugo, que cedeu un empate na casa mais mesmo así mantén o 3º lugar que dá dereito a xogar polo ascenso, mentres que venceron Celta B e Montañeros na súa loita pola permanencia, ao tempo que o Coruxo arrancou un empate fóra que o reforza no medio da táboa e sen complicacións. Na Terceira, o Pontevedra substitúe en postos de promoción o Fabril, que cae dúas posicións tras ser derrotado polo Racing en Ferrol. Tamén destaca a vitoria de Vilalbés fronte ao Cerceda, nun duelo directo polo ascenso, ben como o segundo triunfo consecutivo do Lalín, que pasa de ser colista a estar a un paso da salvación. A única mala nova do fin de semana chegou no fútbol feminino, por conta das derrotas do Olivo no campo do líder da Primeira, o Barcelona, e do Orzán na casa ante o líder da Segunda, o Oviedo Moderno.
Estes foron os resultados (en negrita, os vencedores).
Segunda. Deportivo 2 - Alcorcón 1. Valladolid 1 - Celta 2.
Clasificación. Depor 57, Celta 54, Valladolid 48, Almería 48, Hércules 48, Córdoba 46, Elche 46.
Segunda B. Lugo 2 - Sporting B 2. Celta 1 - Conquense 0. Leganés 0 - Coruxo 0. Rayo Vallecano B 1 - Montañeros 2.
Clasificación. Castilla 54, Tenerife 50, Lugo 48, Albacete 48, Oviedo 47, Rayo B 45 (...) 10º Coruxo 33, 15º Celta B 28, 20º Montañeros 22.
Terceira. Negreira 1 - Ourense 1. Alondras 2 - Cultural 2. As Pontes 0 - Pontevedra 1. Ordes 0 - Dorneda 0. Estradense 1 - Betanzos 0. Racing 1 - Fabril 0. Vilalbés 2 - Cerceda 1. Vilalonga 0 - Lalín 2. Rápido 1 - Somozas 0. Bergantiños 2 - Xuventú 1.
Clasificación. Ourense 58, Cerceda 55. Alondras 52, Pontevedra 50, Vilalbés 50, Fabril 47, Rápido 45, Somozas 41, Ordes 41, Vilalonga 38, Dorneda 38, Racing 37, Negreira 33, Bergantiños 33, Estradense 30, As Pontes 27, Lalín 25, Cultural 25, Betanzos 23, Xuventú 20.
Preferente. No norte, seguen firmes en posicións de ascenso o Compos e o Narón, moi por diante dos seus perseguidores máis próximos. Os da capital gañaron 3 a 2 do Santa Comba xogando na casa, mentres que os de Ferrolterra se impuxeron no campo do Bertamiráns por 1 a 3. No sur, as cousas están moito máis reñidas, con polo menos seis equipos que aspiran ás dúas prazas de ascenso que por agora ocupan o Barbadás e mais o Choco, con Céltiga, Rubadumia, Arousa e Pontellas á espreita.
Primeira feminina. Barcelona 6 - El Olivo 2.
Clasificación. Barcelona 64, Athletic 60, Espanyol 52, Rayo Vallecano 47, Levante 45, Huelva 44 (...) 17º El Olivo 9. O equipo galego necesita remontar unha diferenza de 10 puntos nas once xornadas que restan para poder salvarse.
Segunda feminina. Compos, Orzán e Victoria seguen loitando por manterse, mentres o Friol é vicelíder mais a moita distancia do Oviedo Moderno, que encabeza a clasificación e deberá xogar a promoción de ascenso. Á falta de confirmación dos resultados desta tarde, hoxe ao mediodía xogouse o Orzán 0 - Oviedo Moderno 4.
Lectura recomendada: o mellor da semana en Cadernos de comunicación e análise, a revista galeguista da diáspora galega. Na semana que hoxe remata, seleccionamos as novas referidas á crise do Centro Galego de Bos Aires e a responsabilidade da Xunta no asunto, as declaracións da presidenta da federación de emigrantes retornados sobre o novo éxodo migratorio español, a reivindicación dos emigrantes sobre o acceso á Lei de Dependencia en condicións de igualdade cos residentes, o debate sobre unha nova reforma da Lei electoral e o posible proceso de fusións entre entidades galegas no exterior impulsado desde a Xunta.
O Centro Social A Esmorga, de Ourense, vén de programar unhas xornadas políticas nas que participarán Josep Lluís Carod-Rovira, Niko Moreno e Xosé Manuel Beiras. Os poñentes abordarán varios aspectos sobre a "crise territorial que atravessa o Estado espanhol". A primeira xornada é o 15 de marzo
Ducias de veciños acudiron esta mañán ao chamado da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública á Capela e á Graña. Exixen á Xunta o Centro de Saúde para os veciños, que o Goberno galego pretende clausurar. Un grupo de veciños leva días pechado no consultorio. A imaxe é de Susete'70