En Marea comeza en Lugo a presentación das súas listas. Villares di que son "as do cambio" e dun "espazo de moitas cores, fronte ao negro goberno de Feijóo” e reivindica o seu número 1 por Lugo como forma de "compromiso da marea galega co equilibrio territorial".
