Hoxe cúmprense 50 anos do embargo económico contra Cuba decretado polos Estados Unidos baixo a presidencia de JFK. A medida, que carece de amparo no dereito internacional, xa foi rexeitada pola Asemblea Xeral da ONU en 16 ocacións. O goberno cubano cuantificou en 2007 en 89.000 millóns de dólares o prexuízo causado polo bloqueo estadounidense até aquela altura.
Fálase
O BNG abandona o pleno do Congreso durante a homenaxe a Manuel Fraga. Tamén marcharon ICV-IU, Compromís, Esquerra Republicana, o PNV, Amaiur, Geroa Bai e a Chunta Aragonesista. En Vilaweb.
Javier Guerra asegura que a situación actual do sector eólico "vén derivada da falta de política enerxética do anterior Executivo" e "da paralización do desenvolvemento" enerxético en Galicia "durante a etapa de Goberno do bipartito"
O presidente do Congreso dos Deputados, Jesús Posada, accedeu a facilitar a saída dos parlamentarios que non queiran participar da homenaxe a Manuel Fraga. Polo momento confirmaron que se ausentarán o grupo de IU-ICV-CHA e Amaiur. Agárdase que Esquerra Republicana tamén marche.
A axencia Moody's rebaixa o rating de Novagalicia Banco a Ba1, tipificado como "bono lixo"
CIG, UGT, CCOO e CSI-F anunciaron hoxe a convocatoria conxunta de mobilizacións contra o anteproxecto de lei presentado pola Xunta para os empregados públicos de Galicia. A primeira concentración será este xoves en Santiago
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, estrea blog. Nel relatará a súa actividade na Eurocámara.
O BNG leva ao pleno unha proposición non de lei sobre as participacións preferentes comercializadas por Novacaixagalicia. A formación nacionalista tíldaos de "produtos fraudulentos". Avanzouno Ana Pontón na súa estrea como portavoz do Bloque
A asociación Adicae anunciou este mediodía que presentará unha demanda xudicial contra Novacaixagalicia pola "fraude" das participacións preferentes. A demanda tamén se presentará contra Banco de Sabadell, BBVA, a CAM, Catalunya Caixa, La Caixa, Banco Santader e Banca Cívica
Francisco Caamaño afirma na Cadena Ser Galicia que non encabezará unha candidatura alternativa á de Pachi Vázquez no Congreso Nacional do PSdeG