O Concello de Sada logra a aprobación do seu plan de urbanismo por primeira vez na súa historia. O Goberno local -Sadamaioría, PSdeG e BNG- ratificou este venres a luz verde definitiva da Xunta ao seu PXOM, que acumulaba 10 anos de trámites, e "supera" as normas provisionais do ano 2006. Entre os primeiros obxectivos, avanzan, figura a ampliación do CEIP de Sada, expropiar terreos para crear espazos libres nas Brañas ou o plan especial do Pazo de Meirás.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59e0ed8b529ea-comparecenciaprensapxomsada2.jpg)