Kalandraka participou esta fin de semana na BEA de Nova York, unha das feiras do libro para editores máis importantes do mundo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51acb16ece528-captura.jpg)
Kalandraka participou esta fin de semana na BEA de Nova York, unha das feiras do libro para editores máis importantes do mundo.
Izquierda Unida somete á votación do pleno municipal de Málaga nove puntos incluídos no programa electoral do PP e os conservadores votan en contra de todos. En El Diario
A OIT critica que a reforma laboral castigue os traballadores sen aumentar a protección social. Un informe destaca que máis do 90% do emprego temporal en España é de carácter involuntario
Rajoy cédelle a Soraya Sáenz de Santamaría as competencias en materia económica que se atribuíu a sí mesmo no comezo da lexislatura e dirixirá a Comisión Delegada para Asuntos Económicos.
O economista José Carlos Díez lembra en Cinco Días que "todos os compoñentes do PIB, incluíndo as exportacións, caeron no primeiro trimestre" e destaca que "escoitando a Merkel, Draghi e Rajoy confírmase que segue sen haber indicios de vida intelixente en Europa. Seguimos na negación absoluta da realidade e sen o mínimo sinal de cambio nunha política económica que non nos leva a ningunha parte".
A Audiencia Nacional confirma a expulsión do PP como acusación popular na Gürtel.
Desaloxan do Concello do Rosal os afectados polas preferentes que levaban seis meses pechados. O alcalde di que a situación era "insostible".
Un piloto de Iberia desvía un voo entre Madrid e a Coruña para que a pasaxe do avión puidese ver a Muralla de Lugo
Erdogan culpa a grupos extremistas das protestas en Turquía. Hai xa máis de 1.700 detidos.
A OIT critica a reforma laboral por castigar os traballadores e non aumentar a protección social.