A plataforma cidadá Proxecto Cárcere lanza o proxecto Coruña Baleira, no que convidá a enviar fotografías dos espazos en desuso existentes na cidade e que poderían acoller todo tipo de actividades ou mesmo servir como vivenda

A plataforma cidadá Proxecto Cárcere lanza o proxecto Coruña Baleira, no que convidá a enviar fotografías dos espazos en desuso existentes na cidade e que poderían acoller todo tipo de actividades ou mesmo servir como vivenda
A illa de San Simón acolle dende hoxe e até o xoves o MOV-S, un proxecto de reflexión cultural que toma o corpo como punto de partida e que está promovido polo Mercat de las Flors de Catalunya
Os sindicatos manifestáronse no Día da Clase Obreira Galega. A CIG reivindicou en Ferrol, Compostela e Vigo "emprego digno na Galiza" e CCOO, UGT e USTG saíron xuntos á rúa na cidade departamental para "salvar a negociación colectiva e os dereitos laborais".
O PP recoñece no Congreso a "vergonza de gasto inxustificado" no porto exterior da Coruña. O voceiro da comisión de Fomento admte o elevado custo de Punta Langosteira e o presidente de Puertos di que "non está feito para captar novo tráfico".
Trashorras recoñece que implicou a ETA no 11M porque lle interesaba a liña editorial de El Mundo. O ex mineiro condenado por subministrar os explosivos explica que empregou unha estratexia co seu avogado para corroborar informacións xa publicadas.
Caballero e o PP ultiman un pacto histórico sobre o orzamento. Os socialistas negan que vaian achegar "nin un euro público ao hospital privado".
O galego Xavier Labandeira dirixirá a Unidade de Investigación sobre Política Climática do European University Institute, que estuda a nivel europeo o mercado de comercio de emisións de CO2 e o papel das enerxías renovables. Labandeira compatibilizará este posto coa dirección do centro de investigación Economics for Energy e a súa actividade docente e investigadora na Universidade de Vigo
Clons de Series Yonkis e Peliculas Yonkis, as maiores webs de descarga de España, volven estar activas na rede baixo un novo dominio (.sx). Os responsables das webs orixinais, que a semana pasada desactivaron os enlaces das series e filmes ante o temor a unha acción xudicial contra eles, estudan iniciar accións legais.
Imputan o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o ex rexedor Paco Rodríguez e a tres concelleiros máis pola adxudicación dunha obra valorada en 593.000 euros en 2008.
A BRIF de Laza informa dun incendio "na zona de Quiroga" no seu primeiro día de precampaña contra o lume