Xavier Vence di que a prioridade é que Galicia "teña voz propia no Congreso, non a marca". O voceiro nacional do BNG di que a formación falará con todos para levar unha candidatura potente ás xerais.

Xavier Vence di que a prioridade é que Galicia "teña voz propia no Congreso, non a marca". O voceiro nacional do BNG di que a formación falará con todos para levar unha candidatura potente ás xerais.
O Breogán imponse por 81-73 ao Ourense e adiántase por 2-1 na eliminatoria polo ascenso á ACB nun ateigado Pazo no que destacou o bo ambiente entre afeccións. A final continúa o domingo en Lugo.
O PP supera a Marea Atlántica por 28 votos tras as impugnacións de sufraxios promovidas polos de Negreira. Xulio Ferreiro precisará de apoios como o xa anunciado polo PSdeG para a investidura.
O Valedor do Pobo alerta do uso do whatsapp como instrumento de violencia machista e de control das súas parellas por parte de mozos e adolescentes
Hernández di que estaría "disposto" a aceptar os votos do PSOE para desbancar a Compostela Aberta. Mentres, os socialistas composteláns aseguran que facilitarán a investidura de Martiño Noriega, que se dispón a iniciar os contactos con PSdeG e BNG para asegurar a "gobernabilidade". Cóntao Europa Press
O alcalde de Oímbra (PP) pásalle ao Concello a factura da funda do seu móbil por importe de 50 euros, segundo un documento do consistorio amosado pola deputada socialista Laura Seara. Os populares manteñen a maioría absoluta neste Concello tras o 24-M.
Detido o delegado do Goberno central na Comunitat Valenciana por presuntos subornos na súa etapa como conseller. Está a contalo El Diario CV
Empresarios cataláns presionan para que Colau non sexa alcaldesa. A líder de Barcelona en Comú intenta formar un tripartito con PSC e ERC e xa reparte concellarías.
Rajoy prepara unha remodelación do Goberno para xuño, segundo conta El País. O cambio prevese antes da constitución dos concellos e virá acompañado da marcha do ministro Wert.
A Fiscalía arquiva o sobrecusto de Pasarón malia a ver "graves" erros administrativos. O Ministerio Público pecha a investigación ante a "pasividade" dos informes dos técnicos da Deputación. O prezo final foi un 240% superior ao asinado.