Detido o delegado do Goberno central na Comunitat Valenciana por presuntos subornos na súa etapa como conseller. Está a contalo El Diario CV

Detido o delegado do Goberno central na Comunitat Valenciana por presuntos subornos na súa etapa como conseller. Está a contalo El Diario CV
Empresarios cataláns presionan para que Colau non sexa alcaldesa. A líder de Barcelona en Comú intenta formar un tripartito con PSC e ERC e xa reparte concellarías.
Rajoy prepara unha remodelación do Goberno para xuño, segundo conta El País. O cambio prevese antes da constitución dos concellos e virá acompañado da marcha do ministro Wert.
A Fiscalía arquiva o sobrecusto de Pasarón malia a ver "graves" erros administrativos. O Ministerio Público pecha a investigación ante a "pasividade" dos informes dos técnicos da Deputación. O prezo final foi un 240% superior ao asinado.
La 1 de TVE perde un terzo da súa audiencia desde que goberna o PP. A media do 'share' queda agora no 9,9% fronte ao 14,7% de decembro de 2011.
Dende as 20:30 celébrase en Compostela a concentración contra a cancelación do programa 'Planeta Furancho', da Radio Galega. Será na Praza do Toural.
Louzán di agora que propón un pacto PP-BNG para gobernar a Deputación de Pontevedra, na que os populares veñen de perder a maioría absoluta. Recólleo El País Galicia
Lugonovo anuncia que manterá unha primeira xuntanza co PSdeG lucense ás 8 deste serán. A plataforma, que logrou 3 edís nas municipais e é chave para a formación de goberno, informará do contido do encontro mañá en rolda de prensa.
Sanidade autorizará a venda en farmacias da vacina da meninxite B. Feijóo anunciou que se poderá comprar "en poucos meses" logo das protestas de numerosos colectivos sociais.
O xuíz abre xuízo oral no caso da caixa B do PP e esíxelle ao partido 1,2 millóns de euros en concepto de fianza. En Eldiario.es