Louzán di agora que propón un pacto PP-BNG para gobernar a Deputación de Pontevedra, na que os populares veñen de perder a maioría absoluta. Recólleo El País Galicia

Louzán di agora que propón un pacto PP-BNG para gobernar a Deputación de Pontevedra, na que os populares veñen de perder a maioría absoluta. Recólleo El País Galicia
Lugonovo anuncia que manterá unha primeira xuntanza co PSdeG lucense ás 8 deste serán. A plataforma, que logrou 3 edís nas municipais e é chave para a formación de goberno, informará do contido do encontro mañá en rolda de prensa.
Sanidade autorizará a venda en farmacias da vacina da meninxite B. Feijóo anunciou que se poderá comprar "en poucos meses" logo das protestas de numerosos colectivos sociais.
O xuíz abre xuízo oral no caso da caixa B do PP e esíxelle ao partido 1,2 millóns de euros en concepto de fianza. En Eldiario.es
Prodúcese un rexistro policial no Concello de Pol, segundo informa a Radio Galega
Xavier Trias abre a porta a ser alcalde en Barcelona e busca un acordo con ERC e PSC. O alcalde en funcións resístese a ceder a alcaldía a Ada Colau, que liderou a lista máis votada e anunciou xa contactos con varias formacións.
A Marea Atlántica é finalmente a lista máis votada por 5 votos tras un novo reconto da Xunta Electoral. O PP amosa discrepancias por 56 votos nulos que prevé impugnar, xa que ten de prazo ata o xoves. A plataforma cidadá recibiu 36.843 apoios fronte aos 36.838 dos populares.
Case mil persoas pediron o cheque social en Vigo nas dúas primeiras semanas. A elevada demanda deste programa para os máis necesitados provoca ringleiras á hora de solicitar a axuda.
Feijóo reunirase con Caballero seis anos despois do seu único encontro oficial. O alcalde de Vigo leva tempo reclamando unha xuntanza co presidente da Xunta que non se levou a cabo desde 2010.
Pablo Iglesias insiste en que Podemos non entrará en ningún goberno co PSOE se esta é a forza maioritaria, aínda que que facilitará a súa investidara "se rectifica". O líder ve na súa formación a mellor ferramena para lograr a unidade popular.